15/10 | 10:00 - 18:15
O Startup Village Forum é unha iniciativa do Centro Común de Investigación da Comisión Europea que apoia a visión a longo prazo para as zonas rurais da UE e a Nova Axenda Europea de Innovación.
O Foro reúne responsables políticos europeos, nacionais, rexionais e locais, persoas emprendedoras e comunidades para deseñar medidas que apoien un emprendemento innovador, impulsado desde o ámbito local, nas zonas rurais.
O traballo do Foro conta co apoio do Parlamento Europeo a través da acción preparatoria «Startup Village Forum e vales de innovación rural».