Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Formación: Como preparar as oposicións EPSO

25/03 | 18:00 - 20:00

🎯 Presentácheste á oposición AD5 da Unión Europea?

O 25 de marzo ás 18:00 (CET) a Fundación Galicia Europa organiza unha sesión formativa presencial e en liña para axudar ás persoas candidatas a preparar as probas da oposición de administradores/as xeneralistas AD5.

Durante a sesión explicarase como funciona o proceso de selección, as distintas fases das probas e ofreceranse consellos prácticos para preparalas.

👤 A sesión será impartida por Alberto Escobar Rivas, funcionario do European Parliament.

Alberto Escobar Rivas é pontevedrés e funcionario do Parlamento Europeo. Gradouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e comezou a súa traxectoria profesional coma bolseiro da Fundación Galicia Europa. En 2022 aprobou a oposición EPSO/AD/381/20, para Administradores no eido do Dereito europeo. En 2025 aprobou a oposición EPSO/AD/403/23 – 2, para Administradores no eido da migración e a seguridad interior.

📍 Presencial: Oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas (Rue de la Loi 38, 1040 Bruxelles, Bélxica).

📝 Inscrición: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=mn5gXlGvvUqHNQJNT-59bSfMtMpcHNlMmU3gEHb8z-JUMkpDQ0tFTllQRFVSRDZEQ1dYTE5PRFNIRy4u&route=shorturl

📚 Recursos EPSO:
📌 https://lnkd.in/eEnmCV6t
📌 https://lnkd.in/dx7kVbum

Organizador

  • Fundación Galicia Europa
  • Phone 981 54 10 12
  • Correo bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
  • Ver web

Recinto

  • Fundación Galicia Europa
  • Rue de la Loi 38, Bruxelles
    Bruxelas, Belgium
    + Google Map