Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

#EUTourism Stakeholder Event

27/05/2025 | 09:00 - 13:00
O ‘EU Tourism Stakeholder Event’ reúne a diferentes actores do sector turístico para discutir e colaborar na transformación verde e dixital do turismo europeo. Ofrece unha visión xeral dos últimos desenvolvementos a nivel da UE que afectan ao ecosistema turístico.
Os temas clave que se discutirán no evento incluirán:
  • A vindeira Estratexia da UE para o Turismo Sostible.
  • A mellora da competitividade.
  • O avance das solucións de billetes únicos e viaxes multimodais.
Ademais destes debates, os asistentes terán a oportunidade de coñecer aos gañadores dos concursos Capital do Turismo Intelixente 2025 e Pioneiro Verde do Turismo Intelixente, seguidos das promesas inspiradoras das partes interesadas no marco da Transition Pathway for Tourism.
Esta reunión non só serve como centro de información senón que tamén fomenta o traballo en rede entre as partes interesadas. É unha oportunidade perfecta para conectarse con compañeiros do sector, aprender de exemplos innovadores e intercambiar ideas para impulsar o éxito futuro no turismo.
O evento está aberto a todas as partes interesadas e é gratuíto. A participación presencial en Bruxelas é limitada e distribuirase por orde de chegada (ata 170 prazas). O acto poderase seguir por livestream. A xornada rematará dun xantar de networking.
Atopa máis información e rexístrate neste enlace. Te tes algunha dúbida ou pregunta podes escribir a MOVE-TOURISM@ec.europa.eu

Recinto

  • Breydel Auditorium
  • Avenue d'Auderghem 45
    Brussels, 1040 Belgium
    + Google Map

Organizador