- Este evento pasou.
European Startup Village Forum 2025
A European Startup Village Forum 2025 reúne a responsables políticos europeos, nacionais, rexionais e locais; emprendedores e comunidades rurais para debater e impulsar accións que apoien o emprendemento innovador e de proximidade nas zonas rurais.
A edición deste ano centrarase nos factores e obstáculos que afectan ao emprendemento e á innovación nas rexións rurais. Membros da comunidade Startup Village e emprendedores rurais compartirán as súas experiencias, dialogando con investigadores e responsables políticos sobre os elementos que favorecen ou dificultan a creación de startups e a innovación nos seus territorios.
Ten lugar o 29 de outubro en Bruxelas, e está organizado polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea.
Rexístrate neste enlace.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O evento poderase seguir tamén online.