
- Este evento pasou.
Europa e a Mocidade
15/09/2022 | 10:00 - 14:00
Enmarcada no proxecto “Xuventude Embaixadora Dixital para Pemes”, aprobado polo programa Erasmus+, a xornada “Europa e a Mocidade” mostrará aos asistentes plataformas dixitais da Unión Europea, coma o Portal Europeo da Mocidade ou EURES. Para rematar, farase unha sesión práctica para aprender a facer un CV no portal Europass.
“Europa e a Mocidade” está organizada pola Fundación Galicia Europa, co apoio da Eurocidade Chaves-Verín AECT e ADRAT (Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega).