- Este evento pasou.
#EURegions4Cohesion
02/10 | 14:30 - 16:30
A iniciativa #EURegions4Cohesion —da que forma parte Galicia, o resto de CCAA e outras 117 rexións europeas— organiza un foro de debate sobre a política de cohesión entre unha vintena de presidentes e conselleiros rexionais de toda a UE e máis de 30 eurodeputados.
O conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Miguel Corgos, será o encargado de achegar o punto de vista das rexións españolas. Podes consultar a posición común adoptada por #EURegions4Cohesion e o programa do evento, que terá lugar na sala ASP 1G2 do Parlamento Europeo ás 14:30h.