- Este evento pasou.
Empoderar ás rexións e cidades na governanza da integración migratoria
28/03/2023
A Rede de cidades e rexións pola integración dos migrantes organiza esta conferencia, que terá o seu foco na coordinación multinivel e o achegamento á integración de migrantes e refuxiados nas cidades e rexións de toda Europa.
Na conferencia presentaranse información e recomendacións baseadas en investigacións sobre coordinación multinivel e integración migratoria. Tamén se tratará como, cun enfoque intercultural, as rexións poden acadar a inclusión e o sentimento de pertenza.
O evento será en formato híbrido. Aquelas persoas que o desexen, poden rexistrarse nesta ligazón. Haberá tradución ao castelán.