Cargando Eventos

« Tódolos Eventos

  • Este evento pasou.

Día das Letras Galegas – Florencio Delgado Gurriarán

Maio 17

O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promoción do idioma e cultura de noso. Unha efeméride que foi acadando nos últimos anos grande amplitude, proxección e participación cidadá, ata converterse nunha das citas máis importantes do calendario cultural galego, con importante atención e implicación desde os diferentes ámbitos sociais (administracións, institucións, entidades, empresas…).

Para 2022, a RAG, na súa sesión plenaria celebrada o 2 de xullo de 2021, tomou o acordo de lle render tributo e de lle dedicar o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, Estados Unidos, 1987), escritor, editor literario e activista político e cultural do exilio galego en México. Alí fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.