Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Curso de iniciación ao portugués – Eurocidade 2030

21/10/2024 | 08:30 - 12/12/2024 | 17:00

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o Curso de iniciación ao portugués no marco do proxecto Eurocidade 2030.

O programa Eurocidade 2030 ten como obxectivo principal mellorar a coordinación institucional dos servizos transfronteirizos para a promoción da inclusión das persoas mozas, servir de espazo de formación, inclusión pola cultura, participación e interacción entre as persoas mozas participantes.

No marco desta colaboración institucional a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha o Curso de iniciación ao portugués no que poderán participar mozos e mozas residentes en Galicia ou en Portugal.

Obxectivos:

  • Proporcionar as persoas mozas as ferramentas e coñecementos necesarios para favorece a comunicación o coñecemento da cultura, historia e mobilidade na eurorrexión.
  • Facilitar a integración entre os distintos grupos sociais, reforzar a cooperación transfronteiriza entre os cidadás e as institucións.
  • Apoiar aos mozos e mozas a coñecer e valorar o territorio, para reforzar as súas señas de identidade e despertar o seu interese por asentarse profesionalmente no mesmo e contribuír ao seu desenvolvemento.

Destinatarios/as: mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.

Prazas: máximo 100

Data de inicio: 21/10/2024

Data de finalización: 12/12/2024

Data de exame final: 13/12/2024

Detalles

Organizador

  • Fundación Galicia Europa
  • Phone 981 54 10 12
  • Correo bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
  • Ver web

Recinto

  • Online