Cargando Eventos

« Tódolos Eventos

CoRAI- FIT for a FAIR FUTURE

Xuño 24 @ 10:00 - 12:00

O Intergrupo Automobilístico do Comité das Rexións (CoRAI, polas súas siglas en inglés) é un grupo interrexional do CdR que ofrece oportunidades para intercambiar puntos de vista e aumentar a experiencia sobre o Futuro da Industria do Automóbil coa finalidade de promover a cooperación entre as autoridades locais e rexionais.

Os obxectivos do grupo son os seguintes:

Intercambiar experiencias entre os territorios sobre diferentes temas ligados ao sector da automoción e o futuro da mobilidade (por exemplo, a condución automatizada, os combustíbeis para o transporte sostíbel, as competencias, a política industrial, as infraestruturas, o desenvolvemento das rexións con industria de automoción ou de subministración).

Contactar e intercambiar puntos de vista e mellores prácticas coas institucións europeas e outras partes interesadas.

Fomentar os contactos entre clusters de automoción e mobilidade, rexións e cidades.

Detalles

Data:
Xuño 24
Hora:
10:00 - 12:00