- Este evento pasou.
Charla sobre a Fundación Galicia Europa e a UE no IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
18/03/2025 | 11:50 - 13:30
O martes 18 de marzo, terá lugar no IES Xesús Taboada Chivite (Verín) unha charla na que Pilar del Oro, coordinadora do programa EuroXuventude da Fundación Galicia Europa, explicaralle ao alumnado de 3º e 4º de ESO o papel da Fundación Galicia Europa e varios programas europeos.
Este centro está integrado no programa europeo de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (European Parliament Ambassador School Programme (EPAS), que ten como obxectivo aumentar a conciencia dos estudantes sobre a democracia parlamentaria europea, o papel do Parlamento Europeo e os valores europeos. Tamén os anima a participar activamente nos procesos democráticos da UE.