Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » European Youth Event 2025: convocatoria para participantes

European Youth Event 2025: convocatoria para participantes

17/02/2025 |

— O European Youth Event 2025 abre a convocatoria para participar neste evento que reúne á xuventude para debater sobre o futuro de europa

Bruxelas, 23 de xaneiro de 2025. Xa está aberta a convocatoria para participar no European Youth Event (EYE) 2025, un encontro europeo que cada dous anos reúne a miles de mozos e mozas de dentro e fóra da Unión Europea no corazón da democracia europea.

O EYE2025, que chega á súa sexta edición, celebrarase os días 13 e 14 de xuño de 2025 no Parlamento Europeo en Estrasburgo e no EYE Village. Durante estas xornadas, os participantes poderán compartir ideas con outros mozos e mozas, debater con deputados e deputadas do Parlamento Europeo e responsables europeos, ademais de intercambiar opinións con expertos, politólogos e creadores de contidos.

O evento contará cunha ampla oferta de actividades dinámicas e interactivas, incluíndo debates, obradoiros, visitas, actuacións artísticas e moito máis. O programa do EYE Village estará coordinado polo Foro Europeo da Xuventude, garantindo a diversidade e a pluralidade de perspectivas a través da participación de organizacións xuvenís e da sociedade civil.

A convocatoria está aberta a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, independentemente da súa nacionalidade. A participación no EYE2025 é gratuíta, pero cada participante deberá facerse cargo dos seus propios gastos de viaxe e aloxamento en Estrasburgo.

O prazo de inscrición remata o 21 de febreiro de 2025 ás 23:59 CET.

Para máis información e rexistro, pódese visitar o sitio web oficial do evento: EYE2025.

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data