A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo de formación de mozas en áreas rurais “Rural Youth of Europe”
Participa na segunda actividade do proxecto RUYOU!
Ler máis
Portada »
A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo de formación de mozas en áreas rurais “Rural Youth of Europe”
O novo proxecto está orientado ao empoderamento e formación da mocidade no rural galego, cos mesmos problemas que outras rexións europeas
O proxecto RUYOU (Rural Youth of Europe ou Xuventude rural de Europa en galego) está orientado a mocidade e ten como obxectivo o problema do despoboamento rural, unha problemática que afecta a múltiples rexións de Europa, especialmente aos participantes no proxecto.