Os colexisladores da UE acordaron o reforzo da Directiva relativa á eficiencia enerxética dos edificios (DEEE) para apoiar os esforzos da UE por descarbonizar os edificios en toda a Unión, mellorar a calidade de vida das persoas, reducir as facturas enerxéticas e impulsar a independencia enerxética de Europa.
Actualidade
Portada »
A Comisión establece medidas inmediatas para apoiar á industria europea da enerxía eólica
Tal como anunciou a presidenta Von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión, a Comisión Europea presenta este Plan para garantir que a transición cara a unha enerxía limpa vaia da man da competitividade industrial e que a enerxía eólica siga sendo un exemplo de éxito europeo.
A Comisión pon en marcha a primeira convocatoria para que as empresas compren gas conxuntamente
A Comisión puxo en marcha un proceso pioneiro para que as empresas europeas rexistren as súas necesidades de compra de gas a través do mecanismo AggregateEU, co fin de preparar a compra conxunta de gas a escala da UE.
A Comisión propón a reforma do mercado da electricidade da UE para impulsar as enerxías renovables, protexer mellor aos consumidores e mellorar a competitividade industrial
A Comisión propuxo reformar a configuración do mercado da electricidade da UE para acelerar o aumento das enerxías renovables e a eliminación progresiva do gas, facer que as facturas dependan menos da volatilidade dos prezos, protexer mellor aos consumidores e lograr que a industria da UE sexa limpa e máis competitiva.
A Comisión establece orientacións para contribuír a facer fronte á crise enerxética e conseguir unha Europa máis ecolóxica e dixital
A Comisión Europea puxo en marcha o ciclo de coordinación de políticas económicas do Semestre Europeo de 2023.
A Comisión presenta propostas adicionais para loitar contra os elevados prezos da enerxía e garantir a seguridade da subministración
A Comisión propón hoxe un novo Regulamento de emerxencia para facer fronte aos elevados prezos do gas na UE e garantir a seguridade da subministración este inverno.
O Consello acorda a súa posición no REPowerEU
O Consello acordou hoxe a súa posición sobre a proposta relativa a REPowerEU, un plan para eliminar gradualmente a dependencia da Unión das importacións de combustibles fósiles procedentes de Rusia.
O Consello acorda medidas de emerxencia para reducir os prezos da enerxía
O Consello acordou un obxectivo de redución global voluntario do 10 % do consumo bruto de electricidade e un obxectivo de redución obrigatorio do 5 % do consumo de electricidade en horas punta
A Xunta e a Comisión Europea examinan as oportunidades para Galicia de “REPowerEU”
A FGE organizou a sétima sesión do ano do seu ciclo de encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia, na que se trataron diferentes cuestións relacionadas con “REPowerEU”, o plan de acción mediante o que a Comisión Europea pretende eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos, ó tempo que garante a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía asumibles para o inverno.
Prezos da enerxía: a Comisión propón unha intervención de emerxencia no mercado para reducir as facturas dos europeos
A Comisión propón unha intervención de emerxencia nos mercados enerxéticos europeos para facer fronte ás recentes e dramáticas subidas de prezos.