As novas normas refírense á fase transitoria do Mecanismo, e inclúen tanto obrigas respecto aos informes que deben presentar os importadores como unha metodoloxía de cálculo das emisións implícitas no proceso de produción.

Portada »
As novas normas refírense á fase transitoria do Mecanismo, e inclúen tanto obrigas respecto aos informes que deben presentar os importadores como unha metodoloxía de cálculo das emisións implícitas no proceso de produción.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político alcanzado entre o Parlamento Europeo e o Consello, que aumenta a contribución do transporte marítimo para a consecución do obxectivo a escala da UE de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55 % de aquí a 2030, e para lograr a neutralidade climática en 2050.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político alcanzado entre o Parlamento Europeo e o Consello para aumentar o número de estacións de recarga eléctrica e reposición de hidróxeno de acceso público en particular a través dos principais corredores e centros de transporte da Unión Europea.
A FGE organizou a segunda sesión do ano do seu ciclo de encontros virtuais “FGE | NextGeneratiOn Galicia”, na que funcionarios europeos e galegos se reuniron para tratar dúas propostas de “Obxectivo 55”: o Fondo Social para o Clima e o Mecanismo de Axuste en Fronteira (CBAM).
O Consello e o Parlamento Europeo alcanzaron un acordo político provisional sobre o endurecemento das normas en materia de emisións de CO2 para turismos e furgonetas novos.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou esta semana na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) en Bruxelas. Cinco dos 14 ditames aprobados durante esta sesión recibiron emendas por parte de Galicia, especialmente os referidos ao paquete lexislativo “Obxectivo 55” para a redución das emisións de gases contaminantes en 2030
Tras a tempada estival, a directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, inaugurou hoxe o ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia”, no que a Xunta e a Comisión Europea retomaron os seu contacto mensual habitual, nesta ocasión, para abordar o conxunto de propostas recollidas no “Obxectivo 55”, o paquete lexislativo lanzado pola Comisión Europea o pasado xullo.
No marco de “Obxectivo 55”(Firfor55), a Comisión Europea sacou á luz unha proposta de regulamento mediante o que se estable un Fondo Social para o Clima, destinado a abordar, no período 2025-2032, os impactos sociais derivados do comercio de dereitos de emisión (ETS) para os sectores da construción (edificios) e o transporte por estrada.
O Mecanismo de axuste en fronteira por emisións de carbono (CBAM, polas súas siglas en inglés), saído á luz no contexto do paquete lexislativo “Obxectivo 55” (Fitfor55), foi proposto pola Comisión Europea para abordar os riscos da “fuga de carbono”, que existirán sempre que un número significativo de socios internacionais da Unión promovan enfoques políticos que non dean como resultado o mesmo nivel de ambición climática que a UE.
A Comisión Europea vén de lanzar “Obxectivo 55” (Fitfor55), un paquete lexislativo que ten como propósito impulsar, de aquí a 2030, a redución en polo menos un 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto aos niveis de 1990, como paso previo para acadar a neutralidade climática en 2050.