A proposta da Comisión Europea procura o fomento da independencia e pluralismo nos medios de comunicación europeos, evitando interferencias políticas
Actualidade
Portada »
Galicia aposta pola dixitalización no rural como xeito de acadar o desenvolvemento sustentable na UE
O director xeral de RREE e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no primeiro encontro do ano da Comisión NAT do CdR, onde se abordou a necesidade de avanzar nas transicións dixital e ecolóxica co apoio do rural
Galicia destaca a colaboración público-privada como un elemento chave a ter en conta na nova axenda de innovación europea
No pleno do CdR abordouse a nova Axenda de Innovación Europea, así como o impacto da crise enerxética e de alimentos nos fogares europeos.
Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, interveu na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde solicitiou a inclusión da Política Pesqueira Común como unha das prioridades de traballo desta comisión en 2023, informando do impacto negativo que está a ter para Galicia a prohibición da pesca de fondo en 87 zonas das augas atlánticas.
A Xunta avoga pola modernización e sustentabilidade da industria automobilística europea
A primeira reunión política da Alianza de Rexións con Industrias da Automoción afondou na situación actual da industria automobilística e na súa adaptación ao novo escenario
A Xunta debate no Comité Europeo das Rexións sobre as ondas de desinformación e discursos de odio en Europa
O director de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, participou en Mafra (Portugal) nunha reunión da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e de Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións
O Comité das Rexións presenta o Informe anual sobre o estado das rexións e as cidades da Unión Europea
O informe ofrece unha serie de recomendacións políticas para os colexisladores da UE en asuntos clave como a reconstrución de Ucraína, as medidas para apoiar aos fogares, ás empresas e á administración pública na crise enerxética ou o futuro da política de cohesión.
A Xunta defende unha participación rexional nos desafíos climáticos da Unión Europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se debateu sobre a próxima Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. A política de cohesión, o instrumento NextGenerationEU e as transicións ecolóxica, dixital e enerxética tiveron moito peso no transcurso do pleno
Xa está dispoñible o novo conxunto de ferramentas do Pacto Verde para as cidades e rexións
O Comité Europeo das Rexións publicou o primeiro manual do Pacto Verde, centrado na adaptación ao cambio climático.
A Xunta aposta por centrar os esforzos en reducir as emisións da agricultura para acadar a neutralidade climática neste sector en 2035
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateu sobre as estratexias rexionais de adaptación para acadar unha agricultura baixa en carbono