Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » A FGE viaxa a Estonia para analizar o papel das políticas de xuventude para un desenvolvemento rural sostible

A FGE viaxa a Estonia para analizar o papel das políticas de xuventude para un desenvolvemento rural sostible

13/06/2024 | ,

— A viaxe a Tartu desenvolveuse no marco do proxecto RuralYouthFuture, co obxectivo de coñecer e intercambiar as boas prácticas desta cidade estonia. 

— Nas xornadas participaron todos os socios deste proxecto europeo centrado en mellorar as políticas se emprego xuvenil no rural.

Tartu (Estonia), 13 de xuño de 2024. A Fundación Galicia Europa participou os días 12 e 13 de xuño en Tartu (Estonia) nunhas xornadas enmarcadas no proxecto europeo RuralYouthFuture co obxectivo de mellorar o papel das políticas de xuventude para o desenvolvemento rural sostible. Nesta viaxe de traballo a FGE uniuse aos seus socios no proxecto para coñecer e intercambiar as boas prácticas que se desenvolven nesa cidade estonia.

As xornadas comezaron amosando as estratexias no ámbito xuvenil no condado de Tartu. Tamén se presentaron boas iniciativas dirixidas á mocidade emprendedora ou como mellorar a empregabilidade dos mozos “ni nis” en la zona. Para iso, os participantes debateron e dialogaron nun xogo que fixo moito máis ameno a xornada. Un dos conceptos de boas prácticas máis interesante que se presentou nas xornadas foi o “pasaporte con mentalidade emprendedora”.

O día culminou coa visita ao Career Center Exposition, un establecemento que axuda aos veciños e veciñas a potenciar as súas habilidades, con máis de 50 mentores que asesoran aos mozos sobre como iniciar a súa carreira profesional. O asesoramento realízase de forma individualizada. O centro tamén conta con diferentes dinámicas e xogos que fan que a formación xuvenil sexa máis educativa e entretida. É unha cidade de 100.000 habitantes, con atención diaria a 100 mozos para atoparlles un traballo axeitado aos seus coñecementos e cualidades.

Resultou especialmente salientable a contribución innovadora que desenvolve Estonia ao proporcionar un espazo público coas características anteriormente detalladas que acompaña a diario aos mozos na súa busca de emprego.

A xornada continuou cunha charla informativa sobre “Eesti Töötukassa”, institución pública creada no ano 2001 que ten como obxectivo reducir o desemprego, aumentar a oferta laboral e apoiar o emprego sostible dos mozos de entre 17 e 26 anos. É importante descatar que o país ten unha taxa de paro do 6%. 

O día 13 de xuño a Fundación visitou las localidades de Elva e Nõo para coñecer os seus centros municipais e oficinas para a mocidade. Estes centros ofrecen formación e asesoramento aos mozos do rural para facilitar o acceso ao seu primeiro emprego.

Os membros da Fundación Galicia Europa foron recibidos por ambos alcaldes, que lles explicaron de primeira man boas prácticas de inclusión e formación dos mozos, onde se apoian constantemente os primeiros pasos dos novos talentos na vida profesional e laboral, formando visionarios de futuro, emprendedores valentes e familiares solidarios.

RuralYouthFuture 

RuralYouthFuture é unha iniciativa europea dedicada a mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Este ambicioso empeño une a entidades municipais, rexionais e nacionais ao redor dun obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades cos seus coetáneos urbanos e a loita contra o envellecemento e o despoboamento, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.

Enfócase en seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder as necesidades da mocidade nos territorios rurais, os cales están a experimentar un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.

Máis información: RuralYouthEurope

Proxectos europeos nos que participa a Fundación Galicia Europa

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data