Actualidade

Portada » Actualidad » Noticias » Unión Europea » Movilidad » Cara a un “Schengen Militar”: novos avances na mobilidade militar e na transformación da industria de defensa da UE

Cara a un “Schengen Militar”: novos avances na mobilidade militar e na transformación da industria de defensa da UE

19/11/2025 | ,

— O obxectivo do ‘Schenguen militar’ é facilitar a circulación rápida e fluída de tropas, equipos e medios militares por toda Europa

Bruxelas, 19 de novembro de 2025. Co obxectivo de facilitar a circulación rápida e fluída de tropas, equipos e medios militares por toda Europa, a Comisión Europea e a Alta Representante están intensificando a preparación en materia de defensa —centrándose na preparación previa— cun paquete de mobilidade militar que inclúe un novo Regulamento sobre mobilidade militar e unha Comunicación conxunta.

A Comisión tamén pretende impulsar a innovación disruptiva no ámbito militar e reforzar a industria europea de defensa cunha folla de ruta para a transformación da industria europea de defensa.

Facilitar desprazamentos rápidos e a gran escala

Ao crear un espazo de mobilidade militar a escala da UE de aquí a 2027, o paquete de mobilidade militar supón un novo avance da UE cara a un «Schengen militar». Permitirá un desprazamento rápido, seguro e máis coordinado de tropas e equipos militares en toda Europa grazas a:

  • Eliminación de obstáculos normativos: O paquete introduce as primeiras normas harmonizadas a escala da UE sobre mobilidade militar e establece procedementos claros para os desprazamentos militares transfronteirizos, cun prazo máximo de tramitación de tres días e a simplificación das formalidades aduaneiras.
  • Creación dun marco de emerxencia: Un novo Sistema Europeo de Resposta Reforzada para a Mobilidade Militar permitirá procedementos acelerados e un acceso prioritario á infraestrutura, apoiando ás forzas armadas que actúen no marco da UE ou da OTAN.
  • Aumento da resiliencia das infraestruturas de transporte: Mellorar os corredores clave de mobilidade militar da UE para adaptalos ás normas de dobre uso e protexer infraestruturas estratéxicas cun novo conxunto de ferramentas de resiliencia. As inversións específicas reforzarán a ciberseguridade, a seguridade enerxética e a preparación tanto en tempos de paz como en situacións de crise.
  • Posta en común e uso compartido de capacidades: Mellorar a preparación e dispoñibilidade das capacidades de mobilidade militar, así como a solidariedade entre Estados membros mediante a introdución dun continxente de solidariedade e a posibilidade de crear un sistema dixital de información sobre mobilidade militar.
  • Reforzo da gobernanza e coordinación: Un novo Grupo de Transporte de Mobilidade Militar e un Comité reforzado da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) guiarán a aplicación e supervisarán a preparación, co apoio dos coordinadores nacionais de transporte militar transfronteirizo de cada Estado membro.

Desbloquear a innovación disruptiva para a preparación en materia de defensa

A Folla de ruta para a transformación da industria europea da defensa: desbloquear a innovación disruptiva para a preparación en materia de defensa pretende acelerar a modernización da industria europea de defensa e apoiar os novos actores deste sector.

O seu obxectivo é reunir ás comunidades tecnolóxicas máis avanzadas e ao sector da defensa, acelerar o uso de tecnoloxías punteiras nas capacidades militares e impulsar a capacidade de produción de Europa a través da innovación.

Para conseguilo, céntrase en catro prioridades:

  • apoiar o investimento en empresas de defensa
  • acelerar o desenvolvemento de novas tecnoloxías
  • ampliar o acceso ás capacidades de defensa
  • fomentar as competencias necesarias para manter a vantaxe tecnolóxica europea

A guerra de agresión de Rusia contra Ucraína demostrou a rapidez coa que evolucionan as tecnoloxías de defensa. Innovacións como a IA, os sistemas cuánticos, os drons e as tecnoloxías espaciais están a redefinir o campo de batalla. Novos actores —desde empresas emerxentes ata PEMEs innovadoras— están a transformar como Europa desenvolve e produce capacidades militares.

Europa debe aprender da experiencia ucraína, reforzar a súa resiliencia e construír un novo ecosistema de defensa que reúna líderes industriais, innovadores e a comunidade tecnolóxica para fornecer capacidades de forma máis rápida e eficaz.

Vindeiras etapas

A Comisión presentará o novo Regulamento sobre mobilidade militar ao Consello e ao Parlamento Europeo para a súa adopción polo procedemento lexislativo ordinario.

A Comisión comezará de inmediato a aplicar as accións propostas na folla de ruta para iniciar e ampliar a transformación do ecosistema industrial de defensa europeo.

Contexto

En marzo de 2025, a Comisión e a Alta Representante presentaron o Libro Branco “Preparación en materia de defensa europea 2030”, complementado polo Plan ReArmar Europa / Preparación 2030, un ambicioso paquete de defensa que axuda aos Estados membros a obter o financiamento necesario para impulsar un forte aumento do investimento en capacidades de defensa.

Tanto o paquete de mobilidade militar como a folla de ruta para a transformación da industria europea de defensa foron sinalados como ámbitos prioritarios clave no Libro Branco e na folla de ruta para a preparación de defensa 2030.

O paquete de mobilidade militar de 2025 tamén se basea nas leccións aprendidas do Plan de Acción 2.0 revisado e do Compromiso de Mobilidade Militar de 2024. Foi desenvolvido en estreita coordinación co SEAE e coa Axencia Europea de Defensa (AED), garantindo tamén a coherencia coas normas e procedementos da OTAN.

Fonte: Comisión Europea

© Pixabay

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Fecha