Fondo Europeo Marítimo, Pesca e Acuicultura (FEMPA)
POLÍTICA AGRÍCOLA E MARÍTIMA
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021 polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004
Organismo xestor
Obxetivos
Facilitar o uso e a xestión sostible dos recursos mariños, o desenvolvemento dunha economía azul resistente e a cooperación internacional para lograr uns océanos sans, seguros e xestionados de forma sostible.
Eixes de actuación
A FEMPA financia a innovación e os investimentos en:
- Prácticas e técnicas de pesca de baixo impacto, resistentes ao clima e con baixas emisións de carbono:
- Transformación de produtos da pesca e a acuicultura, e;
- Recollida, xestión e uso de datos para mellorar o coñecemento do estado do medio mariño.
Tamén apoia a intelixencia e vixilancia marítima, a cooperación dos gardacostas e a gobernanza internacional dos océanos financiando, por exemplo, as contribucións económicas da UE ás organizacións internacionais ou ao funcionamento dos Consellos Consultivos.
Beneficiarios
Partes interesadas na explotación e xestión dos recursos mariños, en particular pescadores, acuicultores, comunidades costeiras, organizacións da sociedade civil, científicos mariños e autoridades públicas.
Orzamento e intensidade das axudas
6.110 millóns de euros (prezos de 2021).
O tipo máximo de cofinanciamento do FEMPA por obxectivo específico será do 70 % do gasto público subvencionable. Os Estados membros aplicarán unha porcentaxe máxima de intensidade da axuda do 50 % do gasto subvencionable total da operación
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións e adquisicións
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG MARE
Web de contacto
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Organismo: Xunta de Galicia
Web de información
Web de información