Actualidade

Portada » Actualidad » Noticias » Unión Europea » Ciudadanía e instituciones europeas » O Parlamento Europeo dá inicio á décima lexislatura tralas eleccións de xuño

O Parlamento Europeo dá inicio á décima lexislatura tralas eleccións de xuño

28/07/2024 | ,

— O hemiciclo saído das eleccións celebradas entre o 6 e o 9 de xuño presenta un novo equilibrio de forzas

— España arranca a lexislatura con dous eurodeputados máis que na anterior e tres presidencias de comisións

Bruxelas, 27 de xullo de 2024. As eleccións ao Parlamento Europeo que tiveron lugar entre o 6 e o 9 de xuño de 2024 trouxeron unha composición nova da Eurocámara e un cambio no equilibrio de poderes.Durante as cinco semanas seguintes ao 9 de xuño fóronse formando os grupos políticos, destacando a creación dun novo grupo denominado `Patriotas por Europa´ no que se integrou o partido político VOX.

Unha vez formados e presentados os grupos políticos, o 16 de xullo tivo lugar o primeiro plenario de esta lexislatura, co que se deu comezo a mesma. Neste acto votouse e nomeouse aos membros que integrarán a presidencia da Eurocámara e as vicepresidencias. O Parlamento ten 14 comisións, e o español Esteban González Pons, do PPE, asumirá a terceira vicepresidencia, mentres que Javier López Fernández, do S&D, asumirá a novena.

Os 61 eurodeputados españois representan case o 8,5% do hemiciclo

España gañou dous eurodeputados mais, alcanzando un total de 61. Isto supón un 8,47% do total da Eurocámara, que está formada por 720 membros. Destaca tamén no ámbito español a chegada do partido `Se Acabó la Fiesta (SALF)´, que despois de conseguir tres eurodeputados integrouse en Europa das Nacións Soberanas, un grupo de nova creación. Este grupo xunto a Patriotas por Europa e o dos Conservadores e Reformistas Europeos demostran un crecemento da extrema dereita ideolóxica na UE. Estas tres formacións xunto ao EPP suman mais escanos cas forzas de esquerdas.  

Constitución das comisións parlamentarias

As presidencias e as vicepresidencias das comisións foron votadas e nomeadas a sesión inaugural de cada unha de elas. O Parlamento componse de 20 comisións e catro subcomisións. En todas elas hai presenza de eurodeputados españois. Hai tres comisións con presidentes españois:

    • Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos Interiores (LIBE), cuxo presidente é Javier Zarzalejos, do EPP. 
    • Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM), presidida por Lina Gálvez, do S&D.  
    • Comisión de Pesca (PECH), cuxa presidenta é  Carmen Crespo Díaz, do EPP.  

Igualmente, en seis comisións hai vicepresidencias ocupadas por eurodeputados de España. Estas son: 

      • Comisión de Asuntos Exteriores (AEFET): Hana Jalloul Muro (S&D). 
      • Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria (ENVI): Esther Herranz García (EPP).  
      • Comisión de Cultura e Educación (CULT): Diana Riba i Giner (The greens/EFA).
      • Comisión de Asuntos Constitucionais (AFCO): Adrián Vázquez Lázara (EPP).
      • Comisión de Peticións (PETI): Dolors Montserrat (EPP). 
      • Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM): Irene Montero Gil (The Left) e Rosa Estaràs Ferragut (EPP).
      • Subcomisión de Dereitos Humanos (DROI): Jaume Asens Llodrá (The greens/EFA). 

Presenza galega

Os catro deputados galegos presentes no Parlamento Europeo participan en sete comisións e unha subcomisión:  

      • Francisco José Millán Mon (EPP): membro de AEFET e PECH e da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos de América (D-US).
      • Adrián Vázquez Lázara (EPP): vicepresidente de AFCO e membro da Comisión de Asuntos Xurídicos (JURI). Tamén é membro substituto da Comisión de Control Orzamentario (CONT) e de DROI. Ademais é membro da D-US.
      • Ana Miranda Paz (The Greens/EFA): forma parte das comisións de Desenvolvemento (DEVE), Pesca e Peticións (PETI) e tamén da Delegación para a Asemblea Parlamentaria Euro-latinoamericana (DLAT). Ademais e membro substituto na Comisión de Desenvolvemento Rexional (REGI), da Delegación para as Relacións con Palestina (DPAL) e da Delegación para as Relacións ca República Federativa do Brasil (D-BR).  
      • Nicolás González Casares (S&D): forma parte da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía (ITRE), da PECH, da Subcomisión de Saúde Pública, da D-BR e da Delegación para as Relacións con Mercosur (DMER). Tamén é membro substituto de ENVI e da DLAT.

O Parlamento Europeo volveu a escoller a von der Leyen como presidenta da Comisión Europea 

O 18 de xullo a Eurocámara elixiu de novo a Úrsula von der Leyen como presidenta da Comisión. Dos 707 eurodeputados que participaron na votación, 401 votaron a favor da súa elección, 284 en contra e 15 abstivéronse. Ademais sete votos foron declarados nulos.

O seguinte paso será que os países membros presenten os seus candidatos a comisarios. A presidenta terá que valorar a súa admisión e posteriormente deberán ser validados ante o pleno e as comisións do Parlamento Europeo.

Máis información:
Resultados das eleccións europeas de 2024 (Parlamento Europeo)

Parlamento Europeo

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Fecha