Actualidade

Portada » Actualidad » Noticias » EuroXuventude » Nueva edición del programa Explorer de emprendimiento para el alumnado

Nueva edición del programa Explorer de emprendimiento para el alumnado

29/11/2022 | ,

— A incorporación de EEUU. e Alemaña eleva a 10 os países participantes neste programa de emprendemento xoven, polo que pasaron xa preto de 10.000 proxectos

— As iniciativas máis destacadas gozarán do próximo Explorer Trip, que terá lugar en Valencia, España

— A convocatoria estará aberta ata o 13 de decembro

O Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) e a Universidade da Coruña, xunto co banco Santander, lanzan a XVI edición do programa Explorer, un programa de emprendemento xove para proxectos en fase de preincubación de 10 países, sumando nesta nova convocatoria aos Estados Unidos e Alemaña.

Este programa está dirixido a alumnado e titulados universitarios de 18 a 31 anos, que poderán formarse e adquirir as habilidades emprendedoras que axudan á súa empregabilidade, así como os coñecementos necesarios para construír e validar unha idea de negocio que contribúa a lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible para o ano 2030.

Explorer, cunha duración de 12 semanas, permite aos participantes conectar cunha comunidade internacional, recibir formación online e presencial con metodoloxía “learning by doing”, mentoría por parte de expertos, validar a súa idea de negocio e desenvolver as habilidades necesarias para transformala nunha solución viable e sustentable. O prazo de inscrición finaliza o 13 de decembro e pode solicitarse en SantanderX. As persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio poderán acceder a toda a información e deberán presentar a súa candidatura (soa ou en equipo cun máximo de cinco persoas).

Unha vez finalizado o proceso de formación, o alumnado que complete as actividades do programa recibirá un certificado de participación. Ademais, o proxecto que sexa seleccionado gozará dunha semana nun hub de emprendemento en Valencia en maio de 2023 co resto de Fellows Explorer.

Explorer é, ademais, unha comunidade internacional de networking baseada en sesións de resolución de dúbidas con expertos, alumni Explorer e a interacción en plataformas sociais. Nestes foros afiánzanse conceptos como validación dos modelos de negocio, proxeccións financeiras, creación de landing page o pitch comercial. Ademais, os participantes falan sobre emprendemento e amosan as súas ideas ante fundadores de startups e expertos de relevancia internacional.

Desde o lanzamento desta iniciativa en 2009, participaron preto de 10.000 proxectos emprendedores de Arxentina, Brasil, Chile, México, España, Portugal, Reino Unido e Uruguai. Na edición pasada, un total de 1.045 ideas de emprendemento de 75 universidades beneficiáronse das ferramentas, as oportunidades de networking e a posibilidade de experimentar co emprendemento. A participación feminina acadou o 42,6%, superando a media de convocatorias anteriores, que estaba no 30%.

Explorer permite aos participantes conectar cunha comunidade internacional, recibir formación e mentoría, validar a súa idea de negocio e desenvolver as habilidades para transformala nunha solución sustentable

CISE

O Centro Internacional Santander de Emprendimiento, CISE, fomenta o espírito emprendedor e impulsa a xeración de startups. Co apoio do Banco Santander, a Universidad de Cantabria e o Goberno de Cantabria, desenvolve múltiples programas que estimulan a creatividade das persoas, a creación de empresas e a innovación.

Máis información: Universidade da Coruña

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Fecha