A Comisión Europea puxo en marcha unha nova páxina web para informa-los
consumidores sobre os custes da itinerancia nas redes móbiles de Europa. A
finalidade da páxina é sumistrar información ós consumidores sobre as mellores
condicións para a utilización dos seus teléfonos móbiles cando se atopen no
estranxeiro. A páxina contén as tarefas da itinerancia nos 25 Estados membros da
UE, e na opinión da Comisaria Viviane Reding, responsable de Sociedade da
Información e de medios de comunicación, a mesma garantirá unha maior
transparencia na aplicación destas tarefas.


A itinerancia internacional é o servizo que prestan as operadoras de móbiles
de xeito que un usuario poida utiliza-lo seu teléfono móbil fora das fronteiras
do Estado membro de orixe. A prestación deste servizo implica a existencia de
acordos entre as distintas compañías telefónicas que operan en Europa.


O anuncio da creación desta páxina informativa, fíxose antes do verán de
2005, e xa dende entón a Comisión observou un incremento na competencia entre as
compañías telefónicas, que comezan a ofrecer precios especiais de
itinerancia.


Con ista aportación de información, a Comisión pretende que os consumidores
poidan toma-las súas decisións con maior coñecemento de causa, aumenta-la
competencia no sector e fomenta unha fixación de prezos mais xusta e clara. As
informacións recollidas neste sitio de internet serán actualizadas cada seis
meses. A Comisión estima que estas medidas conduzan a uns prezos mellores e mais
xustos.


Xa en 2002 a Comisión iniciou unha ampla investigación antimonopolio sobre os
prezos ó por menor e por maior da itinerancia en Europa, posto que existían
sospeitas de que estes eran excesivos. Como froito da investigación leváronse a
cabo varios procedementos antimonopolio contra operadores de Alemaña e Reino
Unido, que aínda seguen aberta.


A nova páxina web que a Comisión pon a disposición dos consumidores sobre os
precios da itinerancia atópase en:


Sociedade da Información en Europa


Sociedade da Información en Europa.pdf