Actualidade
Portada » Actualidad »
La Fundación Galicia Europa acerca al estudiantado de la UDC oportunidades europeas
Bruxelas, 4 de maio de 2023. A Fundación Galicia Europa colabora co embaixador da Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO) na Universidade da Coruña (UDC), coa fin de promover as opcións de traballo nas institucións europeas. Alfonso Martínez, estudante de Dereito bilingüe na UDC, é o encargado actualmente deste rol.
EPSO xestiona o programa EU Careers Ambassadors. Este programa está destinado a promocionar nas comunidades universitarias as distintas posibilidades de emprego nas institucións europeas.
Un exemplo deste traballo, así como froito da nosa colaboración co seu único embaixador nas universidades galegas, foi o encontro «Achégate á UE da man da Fundación Galicia Europa» celebrado o pasado mes de abril. A charla contou coa participación de Vanessa Lobo, técnica en políticas europeas da FGE; David Mouro, bolseiro de secretariado e apoio administrativo, e Sarai Vila, da Comisión Europea e antiga bolseira da FGE. As tres participantes explicaron o traballo que realiza a Fundación Galicia Europa en Bruxelas e as oportunidades para traballar nas institucións europeas.
O programa EU Careers Ambassadors busca promocionar entre o estudantado universitario as posibilidades de emprego na UE
Máis información: Universidade da Coruña