Actualidade

Portada » Actualidad » Noticias » Galicia en la UE » Salud » El Comité Europeo de las Regiones reivindica una mayor participación en el proceso de toma de decisiones de la UE

El Comité Europeo de las Regiones reivindica una mayor participación en el proceso de toma de decisiones de la UE

17/02/2022 | ,

— O pasado mes de xaneiro tivo lugar o 148 pleno de Comité Europeo das Rexións no que se debateu sobre a contribución que os entes locais e rexionais deben facer á Conferencia sobre o Futuro de Europa, especialmente na aplicación das políticas climáticas, enerxéticas e de medio ambiente, e no acceso directo ao financiamento da UE. 

 

Bruxelas, 17 de febreiro de 2022. – Durante o último pleno do Comité Europeo das Rexións (CDR) aprobouse unha resolución sobre a contribución dos entes locais e rexionais á Conferencia sobre o Futuro de Europa (COFE). Esta resolución lembra que os principios de subsidiariedade e proporcionalidade son a mellor maneira de garantir unha toma de decisións eficaz e eficiente que reflicta as necesidades reais dos cidadáns.

Entre as principais recomendacións da Resolución cabe destacar as seguintes: 

  • O CDR debe pasar gradualmente de ser un órgano consultivo a un órgano de codecisión da Unión Europea en ámbitos políticos clave con impacto territorial.
  • Debe concederse ao CDR acceso aos diálogos tripartitos e documentos conexos sempre que emitise un ditame sobre a proposta en cuestión con arranxo ao artigo 307 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); ademais, débese atribuír ao CDR a capacidade de propoñer solucións transaccionais aos colexisladores. 
  • O CDR considera que as vulneracións do principio do Estado de Dereito deben dar lugar á suspensión dos pagos ou a correccións financeiras e que, no caso de que se adopten tales medidas, os beneficiarios do financiamento da UE —incluídos os entes locais e rexionais— que non sexan responsables das citadas vulneracións deben seguir recibindo apoio financeiro do Estado membro de que se trate. 
  • É necesaria unha clara participación institucional dos entes locais e rexionais no deseño e a aplicación das políticas en materia de clima, enerxía e medio ambiente, para o acceso directo ao financiamento da UE, a minimización dos obstáculos burocráticos e para programas coordinados en todos os niveis de gobernanza e, en particular, os plans de investimento en apoio do Pacto Verde Europeo e os plans de recuperación e resiliencia. 
  • A Conferencia sobre o Futuro de Europa debe considerarse un punto de partida para un proceso democrático plenamente empoderador a escala europea, nacional, rexional e local; o CDR reitera a necesidade dun debate continuo, verdadeiramente inclusivo, transparente, descentralizado e equilibrado a nivel xeográfico e político sobre o futuro da Unión Europea. 

O CDR presentará a súa contribución final á Conferencia sobre o Futuro de Europa no 9º Cumio Europeo de Rexións e Cidades, que se celebrará en Marsella os días 3 e 4 de marzo. 

 

Contexto 

A democracia europea é o tema que máis contribucións recibiu da cidadanía na plataforma dixital multilingüe da COFE. As cuestións clave expostas abarcan desde o funcionamento institucional da UE ata a loita contra a desinformación e a protección dos dereitos fundamentais. O papel do Grupo de Traballo sobre Democracia Europea dentro da COFE, presidido polo deputado ao Parlamento Europeo Manfred Weber (DE/PPE), consiste en analizar estas recomendacións da cidadanía e avalialas en relación co marco institucional actual e a súa posible reforma. O CDR, representado por catro delegados neste Grupo de Traballo, encárgase de dirixir o debate sobre o subtema da subsidiariedade, xunto cun representante dos Parlamentos nacionais.

O CDR promove e aplica o principio de subsidiariedade a través do seu labor lexislativo e político, así como mediante iniciativas e redes —entre elas a Rede de Seguemento da Subsidiariedade e RegHub, a rede de centros rexionais para a aplicación e revisión das políticas da UE, e a participación na plataforma «Preparados para o Futuro» da Comisión Europea.

Máis información: 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Fecha