Actualidade
Portada » Actualidad » Noticias » EuroXuventude » Participación Juvenil »
Aporta tus ideas para el futuro del rural en este evento para la juventud atlántica
— As túas ideas sumaranse a outras de mozos e mozas do Reino Unido, Irlanda, Francia e Portugal
— A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo Atlantic Youth Creative Hubs
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023. O proxecto Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH) realiza unha Creative Jam os días 25 e 26 de marzo en Lugo.
Precisamos xente nova que queira e poida participar neste evento de creación de ideas. O kit de benvida daráche unha práctica referencia para todo o que farás durante este evento. Descubre, soluciona e crea.
O evento consistirá nun hackathon que busca solucións para unha mellora da Europa Atlántica que, baixo o lema «Imaxina o teu futuro – Reinventa o rural», está á aberto á mocidade de entre 18 e 30 anos de idade.
Usar o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para os espazos rurais do futuro, etc. serán as liñas xerais que AYCH quere potenciar, así como deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser. Nesta Creative Jam preséntase un novo modelo, un novo xeito de moverse por estes espazos de experimentación e interactuación.
Falaremos, traballaremos, xogaremos e debateremos sobre comunidades rurais. A Europa atlántica é unha única comunidade que aumentou a súa poboación rural, pero… en igualdade de condicións? Buscamos que a mocidade non se vaia do rural e, ao mesmo tempo, que teña as mesmas posibilidades có resto da sociedade e non se atopen sós nos seus lugares de orixe. Por exemplo, o rural está baleiro de espazos educativos e formativos; é a educación non formal unha alternativa?
O cambio climático tamén xoga un papel importante como mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía buscando un 2030 que nos faga mellores e poidamos vivir mellor
Participa e inscríbete no formulario que se atopa nesta ligazón. O rexistro é obrigatorio e as prazas limitadas.
Que é unha Creative Jam?
Unha Creative Jam é un evento que une á xuventude, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de obradoiros e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta ocasión seleccionamos unha temática que nos preocupa moito que está relacionada co futuro do Rural de Lugo.
Atlantic Youth Creative Hubs
O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para os máis novos. Está co financiado polo programa Interreg Space Atlantic Area.
Os socios participantes son Cámara Municipal de Santo Tirso (Pt), In.Cubo (Pt), EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (F); IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (Ir); Space (UK); Vida Lactea (Es); Cámara Comercio Santiago de Compostela (Es) e a Fundación Galicia Europa.
Máis información: lugOpenfactory