As comisións de Industria e de Mercado Interior do Parlamento Europeo
organizaron esta semana un encontro con representantes da Comisión Europea, a
industria telefónica e organizacións de consumidores para debater a proposta de
regulamento europeo dos servicios de telefonía móbil de itinerancia
(“roaming”).
Os europarlamentarios coinciden plenamente en que os consumidores pagan
demasiado cando utilizan o seu móbil no estranxeiro e que é necesario que a UE
faga algo ó respecto. Desta maneira, acollen con favorablemente a iniciativa da
Comisión, aínda que recoñecen que necesita unhas lixeiras modificacións. Así, o
deputado europeo Paul Rübig (poñente dun informe ó respecto) propón un modelo
transparente no que se teñan en conta tanto os intereses do consumidor coma os
da industria. Outro dos poñentes do PE sobre este tema, Joseph Muscat, enumera
no seu proxecto de informe os principios que deben guiar a nova regulación, como
serían a transparencia, a simplicidade e a flexibilidade.
O texto proposto pola Comisión ten como obxectivo establecer uns prezos
transparentes e asequibeis no uso do terminal no estranxeiro. Así, reclama unha
redución do 70% do custo que se deriva do uso do móbil fora do país e que se
abarate o recibo de chamadas cando se viaxa. Ademais, esixiría ás operadoras
garantir a transparencia das tarefas e regularía os prezos que unhas compañías
poden cobrar a outras por utilizar a súa rede.
Este novo regulamento aprobarase polo procedemento de codecisión (de forma
conxunta entre o Parlamento Europeo e o Consello) e, tanto a Presidencia alemana
coma a Comisión, mostraron a súa pretensión de chegar a un acordo antes do
próximo verano. A Eurocámara prevé aprobar o seu informe sobre o “roaming” na
Sesión Plenaria de maio.
Telefónica foi un dos operadores participantes no intercambio de opinións e
argumentou que os prezos baixaron un 20% entre maio de 2005 e maio de 2006.