Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Competitividade » Os productos sustentables converteranse en norma para os consumidores a medida que entre en vigor o Regulamento sobre deseño ecolóxico

Os productos sustentables converteranse en norma para os consumidores a medida que entre en vigor o Regulamento sobre deseño ecolóxico

24/10/2024 | ,

— O Regulamento sobre deseño ecolóxico para productos sustenbles tamén ten por obxecto reducir o impacto ambiental e climático global dos productos no mercado da UE.

Bruxelas, 24 de outubro de 2024. O pasado mes de xullo entrou en vigor na Unión Europea unha nova lei sobre requisitos de sustentabilidade para unha ampla gama de produtos domésticos de uso diario.

O regulamento sobre deseño ecolóxico para productos sustenbles (ESPR, polas súas siglas en inglés) permitirá establecer requisitos co obxectivo de garantir que os productos duren máis tempo, sexan máis fáciles de reparar e reciclar, conteñan menos substancias químicas problemáticas e máis materiais reciclados, e sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético e dos recursos. Isto pode significar menores custos e menos molestias para os consumidores.

Prevése que a norma anime ás empresas a introducir produtos máis sustenbles no mercado da UE, proporcionándolles unhas condicións de competencia equitativas e impulsando a competitividade dos pioneiros en materia de sustensibilidade. Tamén mellorará a viabilidade das actividades de remanufactura, reacondicionamento e reciclaxe, que teñen un importante potencial de creación de emprego.

Os consumidores e o ambiente pagan o prezo dos productos mal deseñados e de curta duración. O Regulamento sobre deseño ecolóxico sustentable baséase no éxito da actual directiva sobre deseño ecolóxico, que xa axudou aos fogares da UE a aforrar máis de 200 euros ao ano de media, principalmente facendo que os produtos sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético.

O ESPR ampliará agora este enfoque a unha gama moito máis ampla de produtos e permitirá establecer requisitos de deseño ecolóxico de gran alcance en materia de rendemento e información nunha ampla gama de ámbitos, como:

  • Durabilidade, reutilizabilidade, actualizabilidade e reparabilidade do produto
  • A presenza de substancias que dificultan a circularidade
  • Eficiencia enerxética e dos recursos
  • Contido reciclado
  • Remanufactura e reciclaxe
  • Follas de carbono e ambientais
  • Requisitos de información, incluído un pasaporte dixital do produto

As normas para facer que os produtos sexan máis sustentables no marco do piar europeo de dereitos sociais implantaranse progresivamente para grupos de produtos individuais ou para varios grupos de produtos con características similares. As normas adaptaranse ós grupos específicos, por exemplo, as normas para teléfonos intelixentes, zapatos ou neumáticos non serán as mesmas. Desenvolveranse sobre a base de probas científicas, análises económicos e consultas coas partes interesadas, e unha vez implantadas aplicaranse a todos aqueloutros que desexen vender no mercado da UE.

Prevése que a norma anime ás empresas a introducir produtos máis sustenbles no mercado da UE, proporcionándolles unhas condicións de competencia equitativas e impulsando a competitividade dos pioneiros en materia de sustensibilidade. Tamén mellorará a viabilidade das actividades de remanufactura, reacondicionamento e reciclaxe, que teñen un importante potencial de creación de emprego.

Para garantir que todos sepan qué esperar e que as empresas dispoñan de tempo suficiente para prepararse, a Comisión publicará plans de traballo plurianuais nos que se enumerarán os produtos e as medidas que se deben abordar. O primeiro plan de traballo adoptarase nun prazo de nove meses e, ademais dos productos relacionados coa enerxía, é probable que inclúa produtos de grande impacto, como roupa, mobles, aceiro, aluminio, neumáticos e productos de TIC. O regulamento tamén porá en marcha novas medidas transversais para reforzar os patróns de consumo e produción sustenbles dos produtos, así como para reforzar o cumprimento, un elemento clave que garante a igualdade de condicións no mercado único.

Por primeira vez na UE, lanzaranse novos requisitos de pasaporte dixital de produtos para todos os produtos regulados polo ESPR. O pasaporte será unha etiqueta escaneable nos produtos, que facilitará o acceso á información sobre sustenbilidade dos produtos. Isto debería axudar aos consumidores a elixir produtos máis sustenibles, prolongar a vida útil dos produtos e xerar beneficios e postos de traballo a través de prácticas comerciais circulares. Tamén axudará ás autoridades a facer cumprir os requisitos legais de maneira máis efectiva.

O Regulamento tamén contén novas medidas para pór fin á práctica prexudicial para o ambiente de destruír os productos de consumo non vendidos, incluídas as posibles obrigas das empresas de adoptar medidas para previr esta práctica. Ademais, introducirase unha prohibición directa da destrución de produtos téxtiles e calzado non vendidos, con excepcións para as pequenas empresas e un período de transición para as medianas. Co tempo, outros sectores poderían estar cubertos por tales prohibicións, se é necesario. Se as grandes empresas destrúen productos non vendidos, deberán informar publicamente cantos e por qué.

Próximos pasos

Os traballos centraranse agora na aplicación do regulamento. Un dos primeiros pasos será que a Comisión estableza o Foro sobre Deseño Ecolóxico, que será o principal escenario para solicita-las achegas das partes interesadas no proceso do Regulamento sobre deseño ecolóxico sustenible. A continuación, a Comisión consultará e adoptará o primeiro plan de traballo do ESPR.

Contexto

O 30 de marzo de 2022, a Comisión Europea propuxo un Regulamento sobre deseño ecolóxico para produtos sustenbles como parte do Plan de Acción para a Economía Circular da Comisión no marco do Pacto Verde Europeo.

Os productos consumen cantidades masivas de materiais, enerxía e outros recursos e causan impactos ambientais significativos ó longo do seu ciclo de vida, desde a extracción de materias primas ata a fabricación, o transporte, o uso e o final da vida útil. A metade dos gases de efecto invernadoiro mundiais e o 90% da perda de biodiversidade son causados pola extracción e o procesamento de materias primarias primarias. Os impactos ambientais negativos inclúen o esgotamento significativo dos recursos, a xeración de emisións de gases de efecto invernadoiro e a contaminación. Un estudo recente do JRC Demostrou que os límites planetarios globais están cerca ou xa están sendo superados en varias categorías de impacto. A UE debe actuar agora para investir estas tendencias.

O obxectivo do Regulamento sobre deseño ecolóxico para produtos sustenbles é converte-los productos sustenibles na norma no mercado da UE e reduci-lo seu impacto ambiental e climático global. O modelo tomar-facer-usar-tirar pódese evitar, e gran parte do impacto ambiental dun produto determínase na fase de deseño. O novo regulamento ampliará o marco de deseño ecolóxico existente de dúas maneiras: en primeiro lugar, cubri-la gama máis ampla posible de productos e, en segundo lugar, se é o caso, amplia-lo ámbito de aplicación dos requisitos que deben cumpri-los productos.

 

Fonte: Comisión Europea

Máis información: 

Páxina da Comisión Europea sobre o Regulamento relativo ao Ecodeseño de produtos sustentables.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data