• A Cámara de Comercio de Santiago organiza un encontro para difundir este programa europeo que ofrece estancias de entre 1 e 6 meses en empresas doutros Estados membros a mozos que inician a súa actividade como emprendedores

Bruxelas, 16 de setembro de 2016. A Casa das Campás de Pontevedra acollerá a presentación do programa Erasmus para Mozos Emprendedores no marco do espazo de emprendemento Pont-up Store o próximo xoves 22 de setembro a partir das 19:15 da tarde. O evento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, ten por meta que os interesados en participar neste programa europeo de mobilidade destinado a emprendedores poidan intercambiar experiencias con beneficiarios doutras edicións.

O encontro estará dirixido por Belén Mendoza, punto de contacto local do Programa Erasmus para Novos Emprendedores, e nel participarán tamén Alexandra Touza David, directora de Ponle cara el turismo; Margarita Murillo, directora Galicia Protocolo, novas emprendedoras en Alemaña e Portugal, respectivamente, e Ana Bela Cabral, responsable de Gabinete ABC, que actuou como empresaria de acollida en Portugal.

A entrada é libre e os interesados deberán inscribirse previamente no  seguinte enlace.

Erasmus para Mozos Emprendedores

A Cámara de Comercio de Santiago participa no programa Erasmus para Mozos Emprendedores xunto a socios de sete países. Esta iniciativa ofrece a mozos emprendedores ou cun proxecto en curso a posibilidade de realizar estancias de entre 1 e 6 meses nun negocio de acollida noutro estado da UE. Esta experiencia, subvencionada pola UE, axudaralles a adquirir as habilidades para crear ou dirixir unha pequena ou mediana empresa en Europea,adquirir las habilidades necesarias para crear y/o dirigir con éxito una pequeña o mediana empresa en Europa.

Programa