Actualidade

Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » As eleccións europeas e a renovación do ciclo institucional da UE

As eleccións europeas e a renovación do ciclo institucional da UE

29/04/2024 | ,

Entre o 6 e o 9 de xuño celébranse eleccións ao Parlamento Europeo para elixir aos eurodeputados que conformarán a décima lexislatura desta institución colexisladora da UE .

A presente lexislatura 2019-2024 arrancou con 750 deputados, pero trala reasignación producida por motivo do Brexit, a súa composición final quedou en 705 eurodeputados. En setembro de 2023 produciuse unha segunda reasignación con vistas ás vindeiras eleccións, sumando 15 escanos máis.

Por tanto, o Parlamento Europeo contará con 720 escanos no próximo mandato institucional, e España aumentará a súa representación en 2 escanos respecto á lexislatura actual, pasando a ter asignados 61. Os escanos do Parlamento Europeo repártense  de maneira proporcional á poboación de cada Estado membro.

Democracia europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data