A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dúas novas actividades no marco do proxecto Eurocidade_2020

Xornadas formativas no eido do tempo libre
Obxectivos:
– Apoiar e complementar o itinerario formativo dos mozos e mozas no eido do tempo libre
– Achegar recursos para a inclusión nas actividades no eido do tempo libre
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 40
Datas: 14 e 15 de decembro de 2018.
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018.
Encontro da xuventude emprendedora
Obxectivos:
– Apoiar aos mozos e mozas na súa orientación profesional e inserción laboral
– Aportar ferramentas para o itinerario persoal e profesional dos mozos e mozas
– Impulsar á Eurocidade como territorio de crecemento futuro
Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 50 (30 para mozos/as galegos/as e 20 para mozos/as portugueses).
Datas: 14 a 16 de decembro de 2018.
Lugar de realización: 
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018.
Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Conta cun orzamento de 1.775.405,15 euros cunha cofinanciación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Son socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociacións Xevenís Portuguesas (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.