- A Facultade de Económicas de Santiago e a Deputación de A Coruña acollerán sendos actos os días 4 e 5 de maio
Bruxelas, 2 de maio de 2016. Dous eventos en Santiago e A Coruña achegarán a Galicia estes días o Plan de Investimentos para Europa, tamén coñecido como Plan Juncker.
O primeiro, impartido por Ann Westman, da Oficina de Gobernanza Económica da Comisión Europea en España, terá lugar na Aula 22 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago o vindeiro mércores 4 de maio. O acto comeza ás 17:00 horas.
O segundo acto terá lugar o xoves 5 de maio na sede da Deputación de A Coruña, organizado por Europe Direct, a Representación da Comisión Europea en España e o propio organismo provincial. O programa, que se desenvolverá entre as 9:30 e a 13:00 horas, dará a coñecer o funcionamento do Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos (EFSI), así como o Centro Europeo para o Asesoramento da Inversión, destinado a inversores e promotores de proxectos. Entre os participantes está Alberto Barragán, xefe da Oficina do Grupo do Banco Europeo de Investimentos en España. Os destinatarios son economistas, empresas, pemes, intermediarios financeiros, administracións públicas e persoas interesadas en xeral.
A asistencia é gratuíta pero cómpre inscribirse a través do correo electrónico plandeinversioneseuropa@medialunacom.es, xa que o aforo é limitado.
O Plan Juncker
O Plan de Investimentos para Europa mobilizará ao longo dos vindeiros tres anos polo menos 315.000 millóns de euros en investimentos privados e públicos co obxectivo de apoiar un crecemento a longo prazo na UE, aumentar a competitividade e impulsar os investimentos. Un dos seus pilares é o Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos, dedicado ao investimento en sectores como o das infraestruturas, a enerxía, a innovación ou a educación e que tamén presta apoio a pequeñas e medianas empresas.