Actualidade

Portada » Actualidade » Diego Calvo aposta por fortalecer as relacións entre Galicia e as rexións celtas de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda

Diego Calvo aposta por fortalecer as relacións entre Galicia e as rexións celtas de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda

13/03/2023 |

— O vicepresidente segundo destacou a unión das rexións celtas en todos os ámbitos posibles

A Estrada, 10 de marzo de 2023. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou por videoconferencia nunha reunión co presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, e con representantes de Irlanda, Escocia e Gales, para abordar posibles vías de colaboración de Galicia con estes territorios que comparten historia, cultura e tradicións.

No encontro, no que tamén participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordouse o debate e intercambio de políticas a prol da creación de novos vínculos. A Fundación Galicia Europa, representación da Xunta de Galicia en Bruxelas, traballou activamente na organización e coordinación do encontro entre líderes dos territorios celtas.

Diego Calvo destacou a unión entre Galicia e Bretaña e os demais territorios, motivo polo que incidiu na importancia de reforzar a cooperación intercéltica no máximo de ámbitos posibles. Deste xeito, trátase de sumar esforzos para optimizar o uso do patrimonio, dos recursos comúns e dunha visión de futuro compartida e -como explicou o vicepresidente segundo- converter a unión destes territorios en motor de desenvolvemento sustentable, de prosperidade e de benestar para as súas poboacións.

A FGE participou activamente na organización do encontro

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas