Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Enerxía »A UE facilita a reparación dos produtos domésticos e electrónicos
— Desde o 31 de xullo de 2026, novas normas da UE fomentan a reparación de produtos domésticos e electrónicos
— O obxectivo é prolongar a vida útil dos aparellos, así como reducir os residuos e impulsar un consumo máis sostible
Bruxelas, 31 de xullo de 2026. Durante moitos anos, para as persoas consumidoras resultaba máis conveniente desbotar un produto avariado ou defectuoso e substituílo por un novo que reparalo. Isto xerou unha importante cantidade de residuos e un consumo innecesario de recursos.
Esta situación cambiará a partir do 31 de xullo de 2026, cando entren en vigor novas normas destinadas a ampliar a vida útil dos produtos e a crear un sistema que favoreza a súa reparación fronte á compra dun novo. Estas medidas aplicaranse a produtos domésticos e electrónicos, como lavadoras, aspiradoras, teléfonos móbiles, tabletas e outros aparellos similares.
Estas novas normas permitirán aforrar ás persoas consumidoras, impulsarán a economía circular e contribuirán aos obxectivos de consumo sostible. En concreto, entre outras medidas:
- Recoñecerán ás persoas consumidoras o dereito a solicitar aos fabricantes a reparación dos produtos que poidan repararse tecnicamente de conformidade co Dereito da UE. Ademais, a reparación deberá realizarse de balde ou a un prezo razoable e nun prazo adecuado para favorecer esta opción.
- Ampliarán en, polo menos, doce meses a garantía legal do produto cando a persoa consumidora opte por reparalo en lugar de substituílo durante o período de garantía.
- Esixirán aos fabricantes que faciliten información facilmente accesible sobre os servizos de reparación, así como acceso a pezas de recambio a un prezo razoable.
Espérase que estas novas normas xeren 4.800 millóns de euros en crecemento e investimento na Unión Europea.
Ademais, unha nova plataforma europea de reparación en liña, que está previsto que entre en funcionamento en 2027, permitirá ás persoas consumidoras atopar máis facilmente servizos de reparación adecuados. A plataforma contará con seccións específicas para cada país da UE.
Máis información: Comisión Europea
© European Union, 2022