- A declaración presentouse de maneira oficial durante o seminario “Iniciativas locais dirixidas ao turismo e ao patrimonio cultural: un legado para Europa” celebrado na Fundación Galicia Europa
- O evento contou con representantes da Comisión Europea, do Comité Europeo das Rexións e do Parlamento Europeo
Bruxelas, 11 de outubro de 2018. No marco da Semana Europea das Rexións e Cidades, a Fundación Galicia Europa acolleu na súa sede de Bruxelas a Conferencia temática “Iniciativas locais dirixidas ao turismo e ao patrimonio cultural: un legado para Europa”, organizada xunto a NECSTouR, a rede de rexións europeas por un turismo sostible e competitivo da que Galicia forma parte. Durante este evento presentouse oficialmente a Declaración de Barcelona ”Mellores lugares para vivir, mellores lugares para visitar”, resultado do diálogo paneuropeo sobre Turismo e Patrimonio Cultural promovido este ano por NECSTouR como unha contribución das principais rexións de turismo europeo ao Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.
A Declaración desenvolveuse en colaboración con Europa Nostra, a Comisión Europea de Viaxes e a Rede Europea de Turismo Cultural, co apoio da European Heritage Alliance 3.3. Durante a Conferencia, esas organizacións expresaron o seu apoio á iniciativa, así como o Sr. Francisco José Millán Mon, membro do Parlamento Europeo, e representantes da Comisión Europea DG- EAC e o Comité Europeo das Rexións – Comisión NAT. A directora da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jose Luis Maestro, foron os encargados de dar a benvida aos asistentes.
No evento participaron, ao redor de 70 representantes das rexións de NECSTouR e as principais institucións e partes interesadas da UE que traballan no sector do turismo e do patrimonio cultural. Entre as presentacións destacou a de Roberto Bande, representante da Universidade de Santiago de Compostela, que presentou o Camiño de Santiago de Compostela como exemplo de integración de turistas, residentes e conservación do Patrimonio Cultural.
O eurodiputado Millán Mon, como presidente do intergrupo “Desenvolvemento do Turismo Europeo, Patrimonio Cultural, Camiños de Santiago e Rutas Culturais Europeas” ademais de participar nun panel xunto a representantes da Comisión Europea, foi o encargado de cerrar o acto cun discurso centrado na importancia turística e económica do Patrimonio Cultural e destacando o seu papel na identificación da cidadanía co proxecto de integración europeo.
Declaración de Barcelona
A Declaración pretende demostrar que poden lograr os sectores do turismo e o patrimonio cultural traballando máis estreitamente, en beneficio dos cidadáns europeos e do patrimonio cultural, así como das empresas, os visitantes e os destinos. Asumindo, ademais, o compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Os cinco principios da Declaración, que deben aplicarse conxuntamente para equilibrar responsablemente os usos do patrimonio cultural, as demandas da industria do turismo e as necesidades da comunidade local son:
1. Gobernanza intelixente e inclusiva,
2. Agregar valor ao sentido do lugar,
3. Usar unha Visión holística para o márketing e a preservación,
4. Equilibrar lugar, persoas e negocios,
5. Conectar persoas con persoas.
Esta Declaración pretende seguir sendo unha iniciativa aberta, dando a benvida a todos os interesados que desexen comprometerse con ela. Con este fin, creouse unha páxina web para promover a Declaración, dar visibilidade aos partidarios e recompilar boas prácticas que poidan ilustrar a implementación dos cinco principios.