Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Creative Jam Lugo: xuventude, innovación e tecnoloxía

Creative Jam Lugo: xuventude, innovación e tecnoloxía

13/06/2023 | ,

— A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo de formación de mozas en áreas rurais “Rural Youth of Europe” (RUYOU)

— Durante esta semana, do 13 ao 15 de xuño, reunirase en Lugo o proxecto Mocidade Rural de Europa da Unión Europea financiado con fondos europeos do programa CERV

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023. O proxecto Rural Youth of Europe pretende analizar as preocupacións da mocidade rural de diferentes áreas de Europa, proxecto no que participarán mozos de Galicia, Portugal, Malta e Romanía. Este evento, organizado na cidade de Lugo, é segunda Creative Jam Rural Hack Challenge presencial. Baixo o lema Xuventude, Innovación e Tecnoloxía, foi inaugurado esta mañá polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Arias deu a benvida aos participantes, instándolles a traballar conxuntamente e potenciar as súas sinerxías para xerar e crear novas ideas. Tamén destacou a Lugo como unha das áreas con máis zonas rurais e como a Xunta de Galicia aposta pola súa dixitalización e desenvolvemento turístico, principalmente relativo ao Camiño de Santiago.

Máis de 60 mozos provenientes de 10 nacionalidades diferentes compartirán durante tres días as súas ideas, inquietudes, retos e xerarán proxectos e prototipos que poderán revolucionar e cambiar as súas vidas en contornas rurais. Esta Creative Jam ten como obxectivo xerar e crear novos proxectos e ideas e coñecer á mocidade e expertos das zonas rurais do proxecto, formar o Rural de 2030. Concorrer a estas actividades pode ofrecer aos asistentes a oportunidade de participar persoalmente noutros eventos que se realizan noutros países, así como conseguir diversos premios.

Falarase, traballarase e discutirase de mocidade, innovación e tecnoloxía. Búscanse novos camiños de innovación que poidan seguir os mozos do mañá.

Innovación e tecnoloxía

O primeiro día consistiu nunha breve introdución ao futuro tecnolóxico das zonas rurais. Tentamos atopar solucións para o empoderamento da mocidade rural e que teñan opcións reais de desenvolvemento. O segundo día os participantes recibirán unha formación específica. E o terceiro teremos solucións. A participación de forma activa e presencial, será divertido á vez que se aprenderá moito.

Os destinatarios son novos entre 18 e 30 anos ou persoas con interese no ámbito da mocidade ou o medio ambiente en zonas rurais. Mozos que queiran innovar, que teñan ideas e que queiran apoiar un futuro rural por e para os mozos.

Que é un Creative Jam Rural Hack Challenge?

É un evento en liña que reúne á mocidade, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar creatividade e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de obradoiros e hackathons. En cada Creative Jam hai unha serie de temas a tratar conectados co cambio climático.

Rural Youth of Europe

Rural Youth of Europe (RUYOU) é un proxecto da Comisión Europea co obxectivo de formar e promover habilidades prácticas entre a mocidade de áreas rurais de Europa, que malia pertencer a distintos Estados membros enfróntanse aos mesmos desafíos. O despoboamento e o avellentamento do rural son fenómenos presentes en toda Europa, polo que a Comisión está interesada en facerlles fronte mediante o financiamento de proxectos como RUYOU. O proxecto Rural Youth of Europe (101081387 – RUYOU), co tema “Compromiso e participación cidadá”, está financiado pola Comisión Europea a través do seu Programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV).

Os socios participantes son, por parte de España, Asociación Amicos (España); Asociación Lug Open Factory (España); Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela (España); Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves – Verín (España e Portugal); Rexional Council Northern Region (Malta); Universitatea Aurel Vlaicu din Arad (Romanía) e Fundación Galicia Europa (España).

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data