Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Convocatoria para a estibilización de prazas da Fundación Galicia Europa

Convocatoria para a estibilización de prazas da Fundación Galicia Europa

29/12/2022 | ,

— A Fundación Galicia Europa convoca un proceso selectivo extraordinario de estabilización de prazas.

— O proceso refírese ás categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV).

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022. A resolución del 23 de diciembre de 2022 convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV) da Fundación Galicia Europa.

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, ten por obxecto situar a taxa de temporalidade estrutural por baixo do 8 por cento no conxunto das administracións públicas españolas. A reforma actuará en tres dimensións: adopción de medidas inmediatas para remediar a elevada temporalidade existente, articulación de medidas eficaces para previr e sancionar o abuso e a fraude na temporalidade a futuro e, por último, potenciación da adopción de ferramentas e unha cultura da planificación para unha mellor xestión dos recursos humanos.

Podes atopar máis información sobre a convocatoria na sección de transparencia da nosa web.

Consulta a convocatoria aquí.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data