Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018. A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado polo programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), convoca tres encontros sectoriais nos espazos xoves de Lalín, Tui e Viveiro.
Encontro sectorial no espazo xove de Lalín: “Emprendemento sustentable”
CONTIDOS:
– Emprendemento e saúde a través da produción ecolóxica
– Mellora da calidade de vida a través do consumo de produtos ecolóxicos
– A formación en produción e consumo sustentables como investimento en calidade de vida.
Relator: José Luis Rodríguez Barrio, emprendedor en produción e comercialización de carne ecolóxica.
Data: 24 de outubro de 2018
Horario: 11:30- 13:00 horas
Lugar: Espazo Xove de Lalín – Espazo Emprende.
Rúa Pena Toares, 2
36500 Lalín
Pontevedra
Entrada libre para os mozos interesados/ as.
Encontro sectorial no espazo xove de Tui: “Márketing persoal para persoas emprendedoras”
CONTIDOS:
– Comprender as diferenzas entre “falar e transmitir”
-Aprender a crear mensaxes emocionais que capten a atención da persoa interlocutora e esperten o seu interese
-Aprender a manexar a linguaxe non verbal, tanto na comunicación oral como na comunicación escrita
-Entender que un bo produto ou negocio necesita unha boa comunicación de posicionamento.
Relator: Roberto Pérez Marijan, experto en oratoria e márketing dixital.
Data: 6 de novembro de 2018
Horario: 10:00- 13:00 horas
Lugar: Espazo Xove de Tui – Espazo Emprende.
Rúa Sanz, 28
36.700 Tui
Pontevedra
Entrada libre para os mozos interesados/ as.
Encontro sectorial no espazo xove de Viveiro: ” Mindfulness para emprender”
CONTIDOS:
– Coidado da mente para lograr obxectivos
– Aplicacións prácticas do mindfulness
– Aprender a practicar mindfulness en diferentes situacións.
Relator: Manuel Darriba Parga, instrutor de mindfulness.
Data: 7 de novembro de 2018
Horario: 9:30- 14:30 horas
Lugar: Espazo Xove de Viveiro – Espazo Emprende.
Avda Cervantes, s7 n
27850 Viveiro
Lugo
Entrada libre para os mozos interesados/ as.
Proxecto LIDERA.
O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.