CONVOCATORIA DE PROPOSTAS DE PROXECTOS LIFE 2005: PRAZOS E CONTIDOS
– En novembro de 2003, a Comisión Europea presentou unha proposta lexislativa que pretendía prorrogar 2 anos o Regulamento 1655/2000 que establece LIFE, o Instrumento Financeiro para o Medio Ambente. Tras a realización dos trámites lexislativos necesarios, o Consello e o Parlamento Europeo adoptaron o Regulamento 1682/2004 que establece a prorroga de LIFE para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2006.
– O obxectivo principal de LIFE, o único instrumento financeiro europeo adicado especificamente o medio ambiente, é prestar apoio o VI Programa de Acción Medioambiental, as súas catro prioridades e as súas sete estratexias temáticas. Estas prioridades son:
1. Resolver o problema do cambio climático.
2. Protexer a natureza e a biodiversidade.
3. Fomentar as cuestións relacionadas có medio ambiente e a saúde.
4. Preservar os recursos naturais e evitar os residuos.
Por outra banda, as sete estratexias temáticas son:
1. O programa aire limpo para Europa.
2. A protección do chan.
3. O uso sostible de pesticidas.
4. A protección e a conservación do medio ambiente mariño.
5. A prevención dos residuos e o reciclaxe.
6. O uso sostible dos recursos naturais
7. O medio ambiente urbano.
– LIFE divídese en tres subprogramas diferentes: LIFE-Naturaleza, LIFE Medio ambiente, LIFE Terceiros países. A continuación expóñense os requisitos recollidos na convocatoria de propostas para o ano 2005, e tendo en conta os subprogramas de maior interese para Galicia:
LIFE-Naturaleza: Deberán presentarse propostas de proxectos cuxo obxectivo sexa a conservación dos hábitats naturais, da fauna e da flora. Toda as propostas deberán presentarse as autoridades nacionais antes do próximo 30 de setembro. Pola súa banda, as autoridades nacionais deberán entregar as propostas a Comisión Europea antes do próximo 31 de outubro.
LIFE-Medio ambiente: Da mesma maneira que aconteceu o pasado ano, a convocatoria presenta dous tipos de proxectos: de demostración e preparatorios.
Os proxectos de demostración deberán contribuír o desenrolo de técnicas e métodos innovadores que fomenten a política comunitaria medioambiental. Ademais, deberán integrar o medio ambiente na xestión do territorio, fomentar a xestión sostible da auga, reducir o impacto medioambiental das actividades económicas, fomentar a xestión racional dos residuos e reducir o impacto medioambiental dos productos en todas as fases da cadea de producción.
A diferencia principal cos proxectos demostrativos reside no carácter innovador de estes, fronte os preparatorios que están destinados exclusivamente a fomentar novas políticas medioambientais. Por outra banda o ámbito de beneficiarios os que está dirixido o proxecto preparatorio é moito mais reducido que os beneficiarios dos tradicionais proxectos de demostración.
Todas as propostas deberán presentarse as autoridades nacionais antes do 30 de setembro. As autoridades nacionais deberán entregar as propostas a Comisión Europea antes do 31 de outubro.
Os proxectos preparatorios teñen como obxectivo o desenrolo de novas accións ambientais e instrumentos, así como o actualización da lexislación e das políticas ambientais. A convocatoria establece que os proxectos deberan enviarse a Comisión Europea antes do próximo 30 de novembro.