Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Cursos » Aberta a convocatoria de axudas para participar en Bruxelas na nova edición presencial do curso TecEuropa

Aberta a convocatoria de axudas para participar en Bruxelas na nova edición presencial do curso TecEuropa

19/08/2024 |

— Nesta nova edición, convócanse en réxime de concorrencia competitiva un total de 20 prazas, destinadas á formación do persoal daquelas entidades galegas interesadas en coñecer o financiamento comunitario.

— As axudas están destinadas a sufragar o desprazamento e estadía en Bruxelas. A asistencia o curso é gratuíto.

— O prazo de solicitudes comeza o martes 20 de agosto e remata o vindeiro 19 de setembro. O curso terá lugar entre o 11 e o 14 de novembro de 2024.

Bruxelas, 19 de agosto de 2024. A Fundación Galicia Europa (FGE) recupera na edición 21ª de TecEuropa, o seu curso de especialización en financiamento comunitario, o formato presencial despois de cinco anos. A vindeira edición terá lugar en Bruxelas entre o 11 e o 14 de novembro e 20 persoas poderán beneficiarse das axudas para sufragar a viaxe e estadía en Bruxelas durante a formación.

As actividades desenvolveranse en Bruxelas, co obxectivo de coñecer de primeira man as institucións comunitarias e as políticas impulsadas pola UE, especialmente a política de cohesión.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o 20 de agosto, tras publicarse o 19 de agosto o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e pecharase o vindeiro 19 de setembro.

As axudas para as actividades formativas da 21ª edición reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

O importe destinado ás axudas aos participantes da actividade formativa ascende a un total de catorce mil euros (14.000,00 €). A FGE aboará un máximo de 700 € a cada persoa beneficiaria en compensación polos gastos realizados polo desprazamento e estadía en Bruxelas. A asistencia ás actividades do curso é gratuíta.

O prazo para solicitur as axudas comeza o 20 de agosto e remata o 19 de setembro

As persoas beneficiarias deberán pertencer a algunha das seguintes categorías de entidades:

  • Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña e Deputación Provincial de Lugo ou outras entidades que poidan formar parte do padroado no futuro.
  • Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións).
  • Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas con ou sen animo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario que se pode atopar na resolución publicada no DOG e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia nesta ligazón (código do procedemento: PR816A).

Contexto

“TecEuropa” é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia para entidades galegas, tanto públicas como privadas, que buscan especializarse na materia. Está dirixido tanto ás persoas que se achegan por primeira vez ao financiamento comunitario, como a aquelas que queren profundar en programas específicos de financiamento.

Organizado pola Fundación Galicia Europa dende o ano 2015, máis de 800 persoas participaron en total nas 20 edicións que se levan celebrado ata o momento.

Máis información: curso TecEuropa

Convocatoria das axudas no Diario Oficial de Galicia

Acceso directo á sede electrónica da Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data