- O prazo de inscripción para esta actividade formativa pecha o vindeiro 19 de setembro.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca unha actividade formativa, composta de varias sesións, baixo o título “Medioambiente e turismo sostible” no marco do proxecto Eurocidade_2020. As persoas interesadas nestas xornadas de formación poden inscribirse nelas ata o próximo 19 de setembro.
Obxectivos: trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran compartir experiencias no sector do medioambiente e o turismo sostible, coa finalidade de promover e estimular o turismo sostible na Eurorrexión.
Os obxectivos específicos desta actividade son:
- Apoiar aos mozos e mozas a coñecer e valorar o territorio, para reforzar as súas señas de identidade e despertar o seu interese por asentarse profesionalmente no mesmo e contribuír ao seu desenvolvemento.
- Impulsar a promoción de territorios rurais.
- Promover e estimular o turismo sostible na Eurorexión.
Destinatarios/as: mozos e mozas galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 30 prazas
Datas: 25 e 27 de setembro de 2019
Lugar de realización:
Eurocidade Chaves-Verín
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Programa provisional:
25 de setembro de 2019
11: 30 h Recepción dos participantes e presentación do programa.
12:00 h Medioambiente e turismo sostible. Exemplos reais e eficaces.
13:30 h Finalización das actividades da mañá.
14:00 h Xantar
16:00 h Saída vivencial cara “Pedras Salgadas Spa & Nature Park” no Parque Pedras Salgadas (Bornes de Aguiar).
19:00 h Actividade dinámica de despedida da xornada.
26 de setembro de 2019
09:30 h Actividades lúdico didácticas sobre turismo sostible.
11:00 h Vista á Casa Rural O Retiro do Conde (Vilaza).
14:00 h Xantar.
16:00 h Roteiro interpretado “Os lagares rupestres de Oímbra”. Temática medioambinetal e etnográfica.
18:00 h Visita á Adega das Barrocas (Oímbra)
19:00 h Actividade dinámica de despedida da xornada.
27 de setembro de 2019
10:00 h Visita á Quinta da Mata (Chaves)
13:30 h Conclusión e despedida
Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 6 ao 19 de setembro de 2019.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza .
Cobertura:
– Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
– Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas)
* Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.
Será por conta da persoa participante o traslado ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.
Proxecto EUROCIDADE_2020
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal que ten como misión xestionar de forma conxunta competencias locais co obxectivo de promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.
O proxecto Eurocidade 2020 é en esencia un proxecto de cooperación transfronteiriza (CT) ao ser liderado e permitir a realización do obxecto social dunha AECT: a Eurocidade Chaves-Verín.
Pretende fomentar o diálogo entre os diferentes axentes do territorio da Eurocidade e consolidar a CT entre eles mediante a promoción da súa participación nas accións do proxecto e preparar a Eurocidade Chaves-Verín para os desafíos post 2020 asegurando a sustentabilidade da AECT que a xestiona.
Persegue dar cumprimento, en proximidade, aos obxectivos da estratexia Europa 2020, potenciando o historial da CT como elemento xerador do crecemento intelixente, inclusivo e sustentable, a favor da mellora da calidade de vida dos seus cidadáns.
Todas as actuacións da AECT teñen como primeiros beneficiarios os cidadáns polo que o principal resultado esperado do proxecto é a melloría da calidade de vida dos cidadáns do espazo de cooperación (e da súa contorna máis próxima).
Preténdese alcanzar unha cidadanía máis activa e participativa na construción da Eurocidade e, consecuentemente, na construción da UE, un maior recoñecemento do apoio e importancia da UE no desenvolvemento local.
EUROCIDADE_2020 consolidará a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable.
Pode atopar a información sobre a participación da Fundación Galicia Europa no proxecto Eurocidade 2020 aquí.