Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Convértete en Observador do Programa Horizonte Europa

Convértete en Observador do Programa Horizonte Europa

20/04/2022 |

— O prazo de solicitudes non pechará até o 14 de decembro

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022. Como parte do Ano Europeo da Xuventude, a Comisión Europea vén de lanzar a iniciativa “Young Observers” nas propostas do programa Horizonte Europa
 
A través desta oportunidade, a mocidade terá a posibilidade de coñecer o traballo das persoas expertas que avalían as propostas de Horizonte Europa e gañar coñecemento e competencias relacionadas con este procedemento (e outras oportunidades de financiamento).
 
Poderán presentarse a este programa, que se estenderá durante todo este ano, todas aquelas mozas e mozos que actualmente estean a cursar un mestrado en calquera das universidades dalgún dos Estados membro. As solicitudes realizaranse a través do Funding & Tenders Portal (tedes instrucións precisas aquí) até 14 de decembro de 2022. 
 
No caso de ser seleccionado/a, serás invitado/a a participar nas avaliacións das propostas de Horizonte Europa desde setembro de 2022. Neste proceso, terás a función de observar o procedemento de avaliación, participar nun seminario práctico e redactar un informe no que expliques a túa experiencia como observador.
 
Máis información na páxina da Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas