Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Galicia defende ante a UE a posición das comunidades autónomas en materia de participación da xuventude

Galicia defende ante a UE a posición das comunidades autónomas en materia de participación da xuventude

23/11/2023 |

— A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou hoxe no Consello de Ministros de Xuventude da institución europea.

— Entre as medidas contempladas no acordo atópase un maior coñecemento por parte da mocidade das institucións europeas, o fomento do intercambio cultural e unha maior atención a temas que afectan especialmente á xuventude como é a saúde mental.

Bruxelas, 23 de novembro de 2023. A Xunta de Galicia defendeu ante o Consello de Ministros de Xuventude do Consello da Unión Europea as propostas acordadas coas Comunidades Autónomas en materia de participación da mocidade.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou hoxe neste encontro en Bruxelas no que trasladou as medidas acordadas co resto de comunidades durante os últimos meses.

Galicia ostenta a coordinación a nivel autonómico neste segundo semestre do ano.

A conselleira lembrou que o Goberno galego aposta por unha mocidade con voz propia, participativa e implicada na construción da Galicia do futuro

Entre as medidas recollidas no documento acordado coas comunidades autónomas establécese un maior coñecemento por parte da mocidade das institucións europeas, o fomento do intercambio cultural e a tolerancia e unha maior atención a temas que están a afectar directamente á xuventude como é a saúde mental.

A conselleira lembrou que o Goberno galego aposta por unha mocidade con voz propia, participativa e implicada na construción da Galicia do futuro.

A Xunta contou co punto de vista da xuventude na elaboración do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia que se presentará nos próximos meses; na posta en marcha de charlas e formación en materia de saúde mental a través do Quérote+; e mediante a posta en marcha de programas como o Parlamento Xove, que os anima a investigar, dialogar e formar a súa propia opinión.

Contexto

A Estratexia da Unión Europea para a Xuventude, vixente para o período 2019-2027, fundaméntase nunha Resolución do Consello de novembro de 2018. Este marco de cooperación busca potenciar as políticas nacionais de xuventude, promovendo a participación democrática, o compromiso social e cívico dos mozos e asegurando que estes teñan os recursos necesarios para integrarse plenamente na sociedade.

A estratexia consta de tres áreas crave: involucrar, conectar e capacitar, e xorde dun diálogo entre mozos europeos que identificaron once metas fundamentais para abordar os desafíos que enfrontan. A implementación da estratexia utiliza diversos instrumentos, como actividades de aprendizaxe mutua, a Plataforma da Estratexia da UE para a Xuventude ou o nomeamento de Biliana Sirakova en 2021 do recentemente creado posto de Coordinadora da UE para a Xuventude dentro da Comisión Europea.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data