CONCLUSIÓNS DO II CUMIO MUNDIAL DE AUTORIDADES LOCAIS SOBRE A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
O II Cumio Mundial de Cidades e Autoridades Locais sobre a Sociedade da
Información tivo lugar os días 9 ó 11 de novembro pasados na cidade de Bilbao,
como continuación da primeira reunión celebrada xa fai dous anos na cidade
francesa de Lión. Logo desa conferencia en Lión, os participantes asinaron unha
Declaración que determinaba unha serie de adxectivos básicos relativos á
Sociedade da Información: democrática, equitativa, diversa e accesible a todos.
Dita Declaración foi presentada coma contribución das cidades e autoridades
locais á primeira fase do Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información,
celebrado en Xenebra en 2003.
Este ano, en Bilbao, os participantes
tamén quixeron participar na segunda fase do Cumio Mundial sobre Sociedade da
Información que terá lugar en Tunes o próximo 16 de novembro, redactando unha
nova Declaración Política, relativa ós compromisos das Autoridades Locais para
acadar unha Sociedade da Información que chegue a tódolos cidadáns e a tódalas
rexións do mundo. Ó carón desta Declaración, os participantes asinaron un
Decálogo de valores e principios a desenvolver polas propias Autoridades
Locais.
Así mesmo, os participantes aprobaron un Plan de Acción Preliminar, que será
finalizado nos próximos meses e baseado nas seguintes líneas de acción:
1.-Desenvolvemento das Axendas Dixitais Locais.
2.-Promoción da
Solidariedade Dixital.
3.-Reforzo do papel das Autoridades Locais para a
consecución da Sociedade da Información.
4.-Creación de novos instrumentos
descentralizados para a cooperación e a solidariedade dixital: ”A Rede para a
Cooperación e a Solidariedade Dixital, IT4ALL”, a Axencia de Solidariedade
Dixital e o Centro de Formación de Turín.
Este Cumio de Bilbao comprende 3 dimensións estreitamente relacionadas:
-O
Plenario e os Talleres Temáticos onde as Autoridades Locais presentan a súa
visión da Sociedade da Información xunto ó resto de actores.
-A discusión
sobre o borrador da Declaración de Bilbao.
-O espacio interactivo onde se
presentan experiencias exitosas de partenariado público-privado.
Esta e outras informacións relativas pódense atopar na páxina web.