• O
    director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús
    Gamallo, participou na cerimonia oficial de entrega do documento ao
    presidente do Comité Europeo das Rexións, Markku Markkula
  • Un
    grupo de Comunidades Autónomas, incluída Galicia, traballaron durante este
    ano na elaboración dun informe de impacto ante o importante desafío que
    supón o Brexit para España
  • A
    Xunta de Galicia está a facer un seguimento detallado das consecuencias do
    Brexit na nosa rexión

Bruxelas, 12
de xullo de 2017
. O Comité Europeo das Rexións (CdR) acolleu
hoxe a entrega oficial do documento “Posición común das rexións da delegación
nacional de España ante a decisión de Reino Unido de abandonar a Unión Europea”
ao presidente do CdR, Markku Markkula. O acto solemne contou coa participación
dos membros implicados da Delegación española asistentes ao 124º pleno do
Comité, que se está celebrando estes días en Bruxelas.

A Xunta de Galicia estivo representada polo director xeral
de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, quen subliñou o compromiso da
Administración galega por analizar e minimizar as consecuencias do Brexit para
os cidadáns e empresas, así como a súa vontade de colaborar con outras
Comunidades Autónomas (CC.AA) e co Goberno de España nesta materia. Proba diso
é o documento presentado hoxe ante o CdR. O obxectivo é que a voz das rexións
sexa escoitada polas institucións europeas durante as negociacións para a saída
de Reino Unido da Unión, que comezaron o pasado 19 de xuño. España foi a
primeira delegación en facer un documento deste tipo.

 

Informe sobre
o impacto rexional do Brexit nas Comunidades Autónomas

Os membros da delegación española no CdR acordaron, durante
a súa reunión previa ao pleno de febreiro de 2017, analizar as repercusións do
Brexit paras as Comunidades Autónomas. Como primeiro paso, un grupo de
Comunidades Autónomas comprometeuse a elaborar un estudo sobre o impacto que a
saída do Reino Unido terá para elas, poñendo logo en común as preocupacións das
rexións. Neste sentido, a Xunta traballa na elaboración do informe “Análise
sobre o impacto do Brexit en Galicia”. Trátase dun documento en continua
evolución, que haberá que actualizar en función dos acontecementos que se vaian
producindo, e que fai xa unha análise preliminar do impacto do Brexit nos
intereses económicos e xurídicos dos diversos operadores galegos cidadáns e
sectores económicos: sectores servizos, pesqueiro, agrícola, industrial,
turístico, sanitario e educativo.