Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Medioambiente e Clima » A Comisión adopta normas detalladas sobre a presentación de informes para a fase transitoria do Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono

A Comisión adopta normas detalladas sobre a presentación de informes para a fase transitoria do Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono

15/09/2023 | , ,

— A Comisión Europea adoptou as normas que rexerán a aplicación do Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono (MAFC) durante a súa fase transitoria, que comezará o 1 de outubro deste ano e durará ata finais de 2025.

Bruxelas, 17 de agosto de 2023. O Regulamento de Execución recén publicado detalla as obrigacións transitorias de presentación de informes por parte dos importadores de mercadorías suxeitas ao MAFC da UE, así como a metodoloxía transitoria para calcular as emisións implícitas liberadas durante o proceso de produción de mercadorías suxeitas ao MAFC.

Na fase transitoria do MAFC, os comerciantes só terán que informar sobre as emisións implícitas nas súas importacións suxeitas ao mecanismo, sen sufragar ningún axuste financeiro. Esto deixará tempo suficiente para que as empresas se preparen de maneira previsible e tamén facilitará que se perfeccione a metodoloxía definitiva de aquí a 2026.

Para axudar tanto aos importadores como aos produtores de terceiros países, a Comisión tamén publicou orientacións para os importadores da UE e as instalacións de países terceiros sobre a aplicación práctica das novas normas. Tamén se crearán ferramentas informáticas específicas para axudar aos importadores para realizar e notificar estes cálculos, ademais de materiais de formación, seminarios web e titoriais para asistir ás empresas cando comece o mecanismo transitorio. Aínda que se pedirá aos importadores que recompilen datos do cuarto trimestre a partir do 1 de outubro de 2023, o seu primeiro informe só terá que presentarse para o 31 de xaneiro de 2024.

Antes da súa adopción pola Comisión, o Regulamento de Execución foi obxecto dunha consulta pública e posteriormente foi aprobado polo Comité MAFC, composto por representantes dos Estados membros da UE.

Contexto

O Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono (MAFC), que constitúe un dos piares centrais da ambiciosa Axenda «Obxectivo 55» da UE, é a ferramenta histórica da UE para loitar contra a fuga de carbono. A fuga de carbono prodúcese cando as empresas establecidas na UE trasladan ao estranxeiro a produción intensiva en carbono para sacar vantaxe de normas menos estritas, ou cando os produtos da UE son substituídos por importacións máis intensivas en carbono, o que á súa vez vai en detrimento da nosa acción polo clima.

Máis información: Comisión Europea

Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data