CELEBRACIÓN EN BILBAO DO II CUMIO DE CIDADES E AUTORIDADES LOCAIS SOBRE A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

O II Cumio Mundial de Cidades e Autoridades Locais sobre a Sociedade da
Información celebrarase entre os días 9 e 11 de novembro na localidade de
Bilbao, unha semana antes da celebración do Cumio Mundial sobre a Sociedade da
Información das Nación Unidas que terá lugar en Tunisia dos días 16 ó 18 de
novembro.


Este Cumio prosigue a labor que fai agora dous anos iniciou o I Cumio Mundial
de Cidades e Autoridades Locais sobre a Sociedade da Información na localidade
francesa de Lión, os días 4 e 5 de decembro de 2003. Esta primeira reunión
permitiu a tódolos participantes (autoridades locais de Asia, África, América
Latina e Europa) a adopción dun ”plan de acción” e da denominada ”Declaración de
Lión”, que determinou os principios dunha Sociedade da Información democrática,
equitativa, diversa e accesible para todos.


En Bilbao tamén está prevista a adopción dun ”plan de acción” e dunha
Declaración que determine os principios e os compromisos acadados por tódolos
participantes á hora de poñer en marcha una Sociedade da Información xusta,
diversa e capaz de crear novas oportunidades de desenvolvemento, prevista para
un período de 10 anos (2005-2015).


Este Cumio vai dirixido a representantes políticos de cidades e rexións,
parlamentarios e membros doutras Asembleas representativas, representantes de
asociacións, de rexións e colectividades locais, representantes de empresas do
sector das TIC, líderes económicos, investigadores e demais membros da sociedade
civil que actúen tanto a nivel local como internacional.


Máis información, na páxina web.