O acordo comercial entre a UE e Mercosur permitirá mellorar o acceso a mercados e reducir aranceis para as empresas europeas.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
Acordo histórico para reformar a unión aduaneira da UE
A Unión Europea alcanza un acordo para modernizar a súa unión aduaneira, con novas medidas para o comercio electrónico.
O Tribunal Supremo dos EE. UU. abre un novo escenario nas relacións comerciais coa UE
A sentenza do Tribunal Supremo dos EE. UU. invalida o principal instrumento arancelario da administración Trump e pon en cuestión o acordo bilateral coa UE, obrigando a ambas partes a reposicionarse nun escenario sen precedentes xurídicos.
A política comercial da UE acelérase con socios clave, pero avanza a distintas velocidades
Os avances desiguais nas relacións con Mercosur, India e Estados Unidos amosan unha estratexia pragmática, orientada tanto á diversificación de mercados como á defensa dos intereses económicos e políticos europeos.
A Unión Europea e Mercosur chegan a un acordo tras 25 anos de negociacións
A presidenta da Comisión Europea e os seus homólogos de catro países do Mercosur remataron as negociacións para un innovador acordo de asociación entre a UE e o Mercosur.
A investigación da Comisión conclúe provisionalmente que as cadeas de valor dos vehículos eléctricos de China benefícianse de subvencións desleais
O 4 de outubro de 2023, a Comisión iniciou formalmente unha investigación antisubvencións sobre as importacións de vehículos eléctricos de batería orixinarios de China concibidos para o transporte de pasaxeiros. Como resultado, a Comisión pode publicar os dereitos compensatorios provisionais nun prazo de nove meses desde a data de inicio (é dicir, como moi tarde, o 4 de xullo). As medidas definitivas deben impoñerse nos catro meses seguintes á imposición dos dereitos provisionais.
A UE prorroga o apoio comercial a Ucraína durante un ano máis
As medidas comerciais autónomas tiveron un efecto positivo claro no comercio de Ucraína coa UE desde a súa entrada en vigor o 4 de xuño de 2022. Estas medidas contribúen a aliviar a difícil situación á que se enfrontan os produtores e exportadores ucraínos como consecuencia da guerra de agresión de Rusia, garantindo que os fluxos comerciais desde Ucraína á UE se mantivesen relativamente estables a pesares das perturbacións.
A Comisión presenta un novo enfoque dos acordos comerciais para promover un crecemento ecolóxico e xusto
A Comisión Europea deu un paso moi importante para conseguir que un comercio da UE máis ecolóxico, xusto e sostible. Presentou un novo plan para mellorar a contribución dos acordos comerciais da UE á protección do clima, o medio ambiente e os dereitos laborais en todo o mundo
A UE e quince membros da Organización Mundial do Comercio establecen un procedemento de apelación de continxencia para litixios comerciais
A UE e quince membros da OMC decidiron establecer un procedemento que lles permitirá interpor recursos e resolver litixios comerciais entre eles, a pesar da actual parálise do Órgano de Apelación da OMC. A UE, dado o seu compromiso firme e inquebrantable en favor dun...