Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea

O Banco Europeo de Investimentos alíase co ICO para impulsar as exportacións e a internacionalización das Pemes españolas

O Banco Europeo de Investimentos alíase co ICO para impulsar as exportacións e a internacionalización das Pemes españolas

O Banco Europeo de Investimentos (BEI) vén de anunciar unha nova colaboración co Instituto de Crédito Oficial (ICO) para reforzar a actividade exportadora e a internacionalización das pemes e empresas de capitalización media españolas. Para recuperar a capacidade produtiva deste tipo de empresas, particularmente afectadas pola crise do Covid19, as dúas entidades acordaron mobilizar ata 600 millóns de euros de financiamento. En concreto, o BEI facilitará 300 millóns de euros ao ICO, que os completará cun financiamento propio adicional doutros 300 millóns.

Ler máis
O papel da Comisión Europea en materia de innovación do sector da economía azul

O papel da Comisión Europea en materia de innovación do sector da economía azul

A innovación no sector da economía azul consiste, fundamentalmente, no impulso da pesca con emisións climaticamente neutras. A este respecto, a DG de Investigación e Innovación da Comisión Europea conta cunha Unidade de Océanos e Mares Saudables responsable de profundar nesta materia e atopar novas alternativas para que as actividades do sector mariño e marítimo sexan máis sostibles e resilientes.

Ler máis
A UE trata de acoutar os prezos da enerxía

A UE trata de acoutar os prezos da enerxía

Xa sexa a nivel global ou europeo, o mercado enerxético está experimentando unha subida dramática dos seus prezos, derivada da crecente demanda mundial de enerxía en xeral, e de gas en particular, vinculada á recuperación económica. Na UE, esta cuestión está sendo analizada tanto pola Comisión Europea, que recentemente adoptaba unha Comunicación para facer fronte ó impacto das subidas temporais de prezos, como polos xefes de Estado e Goberno,

Ler máis
Posta en marcha da HERA, a nova Autoridade Europea de Preparación e Resposta fronte ás Emerxencias Sanitarias da UE

Posta en marcha da HERA, a nova Autoridade Europea de Preparación e Resposta fronte ás Emerxencias Sanitarias da UE

A Comisión Europea vén de poñer en marcha unha Autoridade Europea de Preparación e Resposta fronte ás Emerxencias Sanitarias (HERA) para previr, detectar e responder rapidamente a posibles emerxencias sanitarias no futuro. Isto débese a que os brotes de enfermidades infecciosas están aumentando en todo o mundo e factores como o crecemento da poboación e o cambio climático dan lugar a maiores riscos de aparición de patóxenos.

Ler máis

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data