O marco de gobernanza económica da UE consiste no marco de política fiscal da UE (o Pacto de Estabilidade e Crecemento e os requisitos aplicables aos marcos fiscais nacionais) e o procedemento de desequilibrio macroeconómico, que se aplica no contexto do Semestre Europeo de coordinación de políticas, ademais do marco dos programas de axuda financeira macroeconómica. A Comisión presentou unha revisión da eficacia do marco de supervisión económica e abriu un debate público sobre o seu futuro en 2020, que foi aprobado con este acordo.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
Marco financeiro plurianual: a UE acorda aumentar o orzamento para apoiar a Ucraína e impulsar a súa competitividade
Alcanzado o acordo provisional entre os colexisladores sobre a revisión inermedia do orzamento a longo prazo da Unión Europea.
A Comisión adopta a Comunicación revisada sobre a definición de mercado en asuntos de competencia
A definición de mercado é un instrumento que permite determinar e definir os límites da competencia entre empresas. O obxectivo de definir os mercados xeográficos e de produtos de referencia é determinar os competidores reais e potenciais que restrinxen as decisións comerciais das empresas, talles como as relativas ás súas condicións de oferta. Desde este punto de vista, a definición de mercado permite, entre outras cousas, calcular as cotas de mercado que poden achegar información significativa a efectos da avaliación do poder de mercado.
Nace a Alianza para as Tecnoloxías Lingüísticas (ALT-EDIC)
O Consorcio Europeo de Infraestruturas Dixitais (EDIC) é un instrumento posto ao dispor dos Estados membro para acelerar e simplificar a creación e execución de proxectos multinacionais no marco do Programa Político 2030 da Década Dixital. Os EDIC son marcos xurídicos que axudan aos Estados membro a crear e executar proxectos multinacionais, permitíndolles poñer en común financiamento e outros recursos de maneira flexible e eficiente. A ALT-EDIC (“Consorcio de Infraestruturas Dixitais Europeas da Alianza para as Tecnoloxías Lingüísticas”), foi o primeiro EDIC lanzado pola Comisión Europea e os Estados membro,
A Comisión acolle con satisfacción o acordo político para facer que a fabricación de tecnoloxías limpas na UE sexa resiliente e competitiva
Como parte central do Plan Industrial do Pacto Verde, a Lei da industria de cero emisións netas garantirá que a UE estea ben equipada para a transición cara a unha enerxía limpa mediante o establecemento dun valor de referencia para que a capacidade de fabricación por parte da UE de tecnoloxías de cero emisións netas alcance polo menos o 40% da demanda prevista da UE de aquí a 2030.
A Comisión presenta unha recomendación para a redución de emisións para 2040 co fin de acadar a neutralidade climática
A avaliación de impacto publicada pola Comisión estuda as posibles vías para alcanzar o obxectivo de lograr que a UE sexa climáticamente neutra de aquí a 2050.
Plan Europeo de Loita contra o Cancro: novas medidas sobre os cancros evitables por vacinación
A Comisión Europea presentou unha recomendación para apoiar aos Estados membro nos seus esforzos por previr o cancro mediante a vacinación.
A Comisión congratúlase do acordo político para revisar e reforzar as normas de comercialización do mel, os zumes de froitas, as confeituras e o leite.
Para poder comercializarse nos mercados da UE e venderse aos consumidores, a maioría dos produtos agroalimentarios debe cumprir as normas de comercialización da UE ou as normas establecidas a escala internacional. As normas de comercialización refírense ás calidades externas dos produtos e ás calidades non visibles resultantes de determinados procesos de produción, tales como o contido de froita nas confeituras.
A Comisión propón cambiar o status internacional do lobo de «estritamente protexido» a «protexido»
A Comisión presentou unha proposta de Decisión do Consello para adaptar o estatuto de protección do lobo en virtude do Convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa (Convenio de Berna), tras realizar unha análise en profundidade sobre a situación de conservación do lobo, permitindo aos Estados membros gozar de maior flexibilidade para xestionar as poboacións desta especie nos seus territorios.
A avaliación de Horizonte 2020 mostra que o investimento en investigación e innovación da UE é moi rendible
A avaliación final de Horizonte 2020, que funcionou de 2014 a 2020 cun orzamento de case 80.000 millóns de euros, baseouse nunha ampla base empírica, con máis de 1,000 entrevistas con beneficiarios de proxectos, autoridades nacionais e organismos de execución, así como enquisas a participantes con éxito e non seleccionados. Combinou amplas análises cuantitativas e cualitativos e baséanse nunha ampla consulta pública aberta con preto de 2000 respostas.