O evento contará con relatores destacados, como ministros, altos cargos da Unión Europea e expertos do Banco Europeo de Inversións.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
O Consello dá luz verde definitiva para reforzar as normas na UE en relación coa calidade do aire
A revisión, que entrará en vigor a comezos de novembro e deberá ser transposta nun prazo máximo de dous anos, iguala os estándares de calidade do aire ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde.
As recomendacións a España de 2024 no marco do Semestre Europeo céntranse na fiscalidade, a capacidade administrativa e a xestión da auga
As recomendacións do Semestre Europeo son a folla de guía que a UE dita para os Estados membros de cara a redacción dos seus orzamentos nacionais.
Os líderes da UE reafírmanse no seu apoio a Ucraína, chaman a un alto ao fogo en Gaza e abordan a crise migratoria
No Consello Europeo celebrado esta semana, que contou coa presenza de Volodímir Zelenski, tamén estiveron sobre a mesa o informe de Mario Draghi sobre competitividade e os acordos con Marruecos, ademais de reiterarse as críticas á situación en Venezuela.
A Comisión Europea modifica as directrices sobre axudas estatais rexionais para permitir un maior apoio aos proxectos da Plataforma Estratéxica para Europa
A Comisión Europea decidiu modificar as directrices que regulan a concesión de axudas rexionais para incentivar a execución de proxectos STEP.
O Comité das Rexións publica o seu Informe Anual sobre o Estado das Rexións e das Cidades na Unión Europea
O organismo europeo publica cada ano este documento para analizar o contexto actual europeo dende o punto de vista de rexións e cidades.
Comeza o mes europeo da Ciberseguridade 2024: #ThinkB4UClick
A edición deste ano céntrase en ensinar aos usuarios prácticas para previr enganos na rede
O Consello defende rebaixar o nivel de protección do lobo
A UE avanza cara a un sistema máis tolerante coa caza desta especie fronte á oposición de España e Irlanda.
Entra en vigor o Regulamento relativo á Restauración da Natureza para abordar a perda de biodiversidade na Unión Europea
O pasado agosto entrou en vigor o regulamento no cal se propoñen diferentes obxectivos para asegurar o futuro da biodiversidade en Europa.
Publicado o informe do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE
O grupo encargado de emitir o informe constituíuse a principios deste ano 2024.